O PSdeG denuncia a contratación e subida de soldos dos altos cargos na Deputación da Coruña, exemplo do malgasto do PP dos recursos por interés partidista

O PSdeG denuncia a contratación e subida de soldos dos altos cargos na Deputación da Coruña, exemplo do malgasto do PP dos recursos por interés partidista

O PSdeG denuncia a contratación e subida de soldos dos altos cargos na Deputación da Coruña, exemplo do malgasto do PP dos recursos por interés partidista

Beatriz Sestayo censura a decisión de Diego Calvo de aumentar o salario a 25 cargos de confianza, a pesares do reparo do xefe de Contratación e da Intervención xeral, por considerala ilegal, onerosa e arbitraria

A deputada socialista afirma que este feito demostra a verdadeira ruta ideolóxica do PP e de Feijóo, que promove unha campaña de desprestixio das institucións amparándose na falacia da austeridade para promover recortes unilaterais da representación cidadá, promovendo un pucheirazo electoral

Censura que o Goberno galego se inhiba de cumprir as súas competencias de control da legalidade nas administracións locais, e reprocha que ao tempo ampare o “caciquismo de emerxencia social”, en referencia á xustificación de Rueda da recomendación para un posto de traballo feita por Calvo, recollida no sumario Pokémon

Critica que Diego Calvo só devolvera as dietas do Consello da Autoridade Portuaria aos que non asistiu en 2012, e pregúntase por que só devolveu as de este ano, cando pertence ao organismo desde 2009

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, Beatriz Sestayo, ven de denunciar que o Presidente da Deputación Coruñesa, o popular Diego Calvo, ven de aumentar os altos cargos da institución provincial, “cos conseguintes aumentos de custes para o erario público, vulnerando a legalidade advertida reiteradamente polo interventor xeral da institución”.

A deputada socialista, defendeu unha pregunta parlamentaria ao Executivo autonómico sobre a adopción de medidas que rectifiquen a decisión do máximo responsable da Deputación coruñesa “cualificada polo Interventor xeral como ilegal”.

Diego Calvo subiu o salario a 25 altos cargos da súa confianza, dos que 10 eran de nova creación, “nunha decisión que amosa a verdadeira ruta ideolóxica dos gobernos do Partido Popular”, afirma Sestayo.

Para a deputada socialista esta iniciativa do presidente da institución provincial coruñesa deixa en evidencia a “campaña de desprestixio das institucións, sinaladamente dos concellos e do Parlamento, que fai o Goberno de Feijóo amparado na falacia da austeridade”.

Contrasta Sestayo o aumento de soldos e cargos na Deputación coruñesa co intento de Feijóo de “acometer recortes unilaterais na representacións das galegas e dos galegos, promovendo un pucheirazo electoral, o poder a costa de todo”, aseverou.

Reprochou ao Director Xeral de Administración Local, José Alberto Pazos, a “pretensión de inhibirse de valorar” as modificacións introducidas por Diego Calvo na estrutura da Deputación coruñesa. A Sestayo non lle sorprende xa que o propio vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, “xustificou, xunto co propio Diego Calvo, o caciquismo por emerxencia social”, dixo en relación á resposta dos dirixentes populares ás escoitas do sumario da operación Pokémon.

Esixiu ao director xeral que “a Xunta cumpra coas súas competencias de fiscalización e control da legalidade das entidades locais”. Ante a denuncia dun 60% de contratos a dedo, “que custou o posto ao xefe de Contratación”, ou dunha reforma cualificada de “onerosa, gravosa e ilegal” pola Unidade de Intervención provincial, a Xunta decide non valorar nin intervir, “amparándose no principio de autonomía local que logo non respectan cos concellos”, acusou a parlamentaria socialista.

COBROS SEN ASITIR ÁS XUNTAS DA AUTORIDADE PORTUARIA DE FERROL

Beatriz Sestayo tamén reprochou a xustificación por parte dos populares que o presidente da Deputación coruñesa tivera cobrado dietas sen ter asistido ás reunións do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol.

Para a deputada ferrolá non é suficiente con que, coñecido o caso, “Diego Calvo, O Austero, devolvera as dietas de 2012, porque pertence ao consello da Autoridade Portuaria desde 2009, e aquí están as actas”. “Por que devolveu só as de 2012?”, dixo esgrimindo a documentación “onde tamén aparecen outros dirixentes do Partido Popular que, como Calvo, nunca asistían, pero cobraban”.

Acusou aos populares de “amparar, desde a Xunta, como fixo Rueda, a conduta ilegal e arbitraria que fai o presidente da Deputación”. “Enchufes por emerxencia social recoñecidos pola Xunta, contratacións e adxudicacións ilegais, onerosas e arbitrarias, pero vostedes o único que teñen que facer e sorrir e dicir que non están para controlar a legalidade. Pois entón, señor director xeral, vostede sobra”, concluíu Sestayo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar