O PSdeG denuncia a “cerimonia da confusión” do PP coas datas de posta en marcha da alta velocidade en Galicia

O PSdeG denuncia a “cerimonia da confusión” do PP coas datas de posta en marcha da alta velocidade en Galicia

O PSdeG denuncia a “cerimonia da confusión” do PP coas datas de posta en marcha da alta velocidade en Galicia

Raúl Fernández advirte “contradicións puras e duras” e sinala que “nin a ministra –de Fomento- concreta anualidades nin Feijóo é garante de nada”

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, denunciou hoxe a “cerimonia da confusión” do PP coas datas de posta en marcha da alta velocidade de Galicia. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei do PP sobre as infraestruturas ferroviarias de Galicia.

O responsable socialista advertiu que mentres o PP pide a posta en marcha da alta velocidade no Eixo Atlántico en 2014, o Ministerio de Fomento apuntaba ao remate “nesta lexislatura” que, dixo, remata en 2015. Criticou tamén a “ambigüidade” sobre os compromisos coa posta en marcha do AVE entre Madrid e Galicia.

Advertiu así “contradicións puras e duras” sobre a conexión con Madrid, xa que “nin a ministra concretou anualidades nin Feijóo é garante de nada” malia que o PP pida a súa posta en marcha para 2018. Lembrou que o presidente da Xunta é o mesmo que comprometeuse a acabar co paro en 45 días, garantiu o dique flotante e carga de traballo para Ferrol ou a fusión das caixas galegas.

Patética

O responsable socialista cualificou de “realmente patética” a proposta do PP por esquecer os Pactos do Obradoiro entre o presidente da Xunta e o ministro de Fomento José Blanco para poñer en marcha as obras ferroviarias logo de ter incumprido o Plan Galicia.

Lembrou que foi Feijóo quen traizoou o acordo co goberno galego en función dos seus intereses electorais, pasando de artellar unha campaña en contra do goberno socialista para ser “todo complacencia e silencio submiso” dende a toma de posesión de Rajoy.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar