O PSdeG demanda un plan integral de saneamento e rexeneración nas zonas de libre marisqueo das rías de Arousa e Pontevedra

O PSdeG demanda un plan integral de saneamento e rexeneración nas zonas de libre marisqueo das rías de Arousa e Pontevedra

O PSdeG demanda un plan integral de saneamento e rexeneración nas zonas de libre marisqueo das rías de Arousa e Pontevedra

Marisqueo a péO deputado socialista José Ramón Val demandou hoxe no Parlamento “un plan integral de saneamento nas rías de Arousa e Pontevedra para eliminar todos os puntos de vertidos incontrolados, ademáis da realización dos traballos de rexeneración comprometidos nas zonas de libre marisqueo”.

“As confrarías das rías de Arousa e Pontevedra levan anos sufrindo problemas moi similares sempre ligados á contaminación, á falta de saneamento nas rías e á pouca implicación por parte do Goberno galego do Partido Popular”, afirmou o portavoz de Pesca do PSdeG, José Ramón Val, na defensa dunha proposición non de lei rexeitada polo PP.

“Calquera indicador dos que podamos consultar nos vai referir á situación na que se atopan os profesionais do marisqueo nestas dúas rías”, manifestou Val. “Se falamos de días traballados, poderemos comprobar como en moitos casos se chega a reducir en preto do 60% o número de días propostos para traballo nos plans de explotación cos días realmente traballados”, engadiu.

Val lembrou que “se decidimos consultar os niveis de produción poderemos observar tamén como ten diminuído de xeito alarmante nos últimos anos, ao igual que os niveis de ingresos”.

En opinión do portavoz de Pesca dos socialistas galegos, “o Goberno galego amosa una despreocupación absoluta e fala continuamente de dinamizar e profesionalizar o sector, pero o único que está a conseguir é precarizar os empregos no mar”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar