O PSdeG demanda que os recortes dos gobernos do PP non afecten ás políticas de prevención e tratamento do VIH

O PSdeG demanda que os recortes dos gobernos do PP non afecten ás políticas de prevención e tratamento do VIH

O PSdeG demanda que os recortes dos gobernos do PP non afecten ás políticas de prevención e tratamento do VIH

A secretaria de Igualdade, Movementos Sociais e Emigración do PSdeG, Laura Seara, demandou hoxe que os recortes sociais que están a aplicar os gobernos do PP non afecten ás políticas de prevención, tratamento e apoio a persoas afectadas polo VIH. Tamén reiterou o compromiso dos socialistas de traballar para que non se produza ningún retroceso dos avances realizados, especialmente nos recursos destinados á prevención.

Con motivo do Día Mundial do Sida, que se conmemora mañá 1 de decembro, a socialista incidiu en que actualmente hai no mundo 34 millóns de persoas que viven co VIH, e que cada día se producen 7.000 novas infeccións. A pesar de que as novas infeccións diminuíron un 21% dende 1997, só o 47% dos 14,2 millóns de persoas que deben recibir tratamento en países de ingresos baixos e medios ten acceso á terapia.

Subliñou por elo o compromiso do PSdeG cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, cuxo 6º Obxectivo establece que en 2015 se alcance o acceso universal á prevención, o tratamento, a atención e o apoio en relación co VIH.

Seara lembrou que en España preto de 150.000 persoas viven coa Sida e prodúcense anualmente 3.500 novos diagnósticos, más dun 25% deles tardíos. Por elo, defendeu a importancia dun diagnóstico precoz e a necesidade da implicación de todas as administracións públicas sanitarias neste obxectivo, facilitando o máximo acceso ás probas de detección de xeito gratuíto e confidencial.

Programas Autonómicos de prevención

Expresou a preocupación dos socialistas porque os recortes sociais que están a aplicar os gobernos do PP nas comunidades autónomas están a afectar ás políticas de prevención, tratamento e apoio a persoas afectadas polo VIH.

Apuntou que “as políticas relacionadas co VIH non poden deixar de ser unha prioridade tanto dende o punto de vista orzamentario como da promoción da saúde” e criticou a supresión de programas autonómicos de prevención do VIH ou os recortes orzamentarios que están acometendo os gobernos do PP.

Seara reiterou a “firme vontade” dos socialistas de traballar “para que non se produza ningún retroceso dos avances realizados nos últimos oito anos polo Goberno central, especialmente no que se refire aos recursos estatais destinados a programas de prevención, que se cuadriplicaron nestes anos, ou ao impulso das campañas destinadas aos sectores mais vulnerables”.

A secretaria de Igualdade, Movementos Sociais e Emigración do PSdeG tamén incidiu na importancia de evitar a estigmatización e discriminación que rodea ao VIH “o que dificulta a vixiancia desta infección e a aplicación práctica de programas de prevención e control” e avogou porque as políticas relacionadas co VIH teñan “unha visión e actuación integradora e global”.

Por último, quixo lembrar a quenes faleceron por causa da Sida, e reiterar o compromiso dos socialistas coas persoas afectadas polo VIH, así como o apoio a todas as organizacións sociais e profesionais que traballan para dar unha resposta que reduza ou elimine o impacto desta epidemia, así como para garantir os dereitos humanos, apoio e atención ás persoas seropositivas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar