O PSdeG demanda que o Consello de Contas controle as axudas da Xunta aos concellos e “unha análise das entidades públicas instrumentais do sector público”

O PSdeG demanda que o Consello de Contas controle as axudas da Xunta aos concellos e “unha análise das entidades públicas instrumentais do sector público”

O PSdeG demanda que o Consello de Contas controle as axudas da Xunta aos concellos e “unha análise das entidades públicas instrumentais do sector público”

parlamentoOs socialistas galegos demandan que o Consello de Contas controle as axudas e subvencións da Xunta aos concellos e entidades locais, así como “unha análise das entidades públicas instrumentais do sector público”.
Nas súas recomendacións para o funcionamento do organismo derivadas da Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas, os socialistas piden tamén que “presente os próximos plans anuais de traballo no mes de outubro anterior ao do exercicio do que se trate, co fin de que neles poidan ser incluídas con suficiente antelación as recomendacións aprobadas pola Cámara”.
“O Consello de Contas ten que facer unha análise da razón de ser de cada unha das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, coa verificación do cumprimento ou non dos fins para os que foron creadas, así como da orixe do seu financiamento e da débeda real para cada un destes entes”, considera o grupo socialista, que solicita por outra parte “a fiscalización dos contratos de publicidade e comunicación subscritos polo sector público autonómico”.
Os socialistas queren tamén “unha fiscalización sobre o control dos beneficiarios de subvencións, préstamos e avais do Igape” e “un informe sobre a adecuación á normativa en vigor en relación ás cláusulas de Responsabilidade Social Corporativa cando figuren nos procesos de contratación levados a cabo polo sector público autonómico”.
Por último, o PSdeG demanda que o Parlamento “inste ao Consello de Contas a realizar un informe sobre a contratación ou externalización de servizos realizadas dende a Consellería de Traballo e Benestar ou entidades dela dependentes, en relación co seu ámbito social”.
Á marxe destas recomendacións, os socialistas presentaron tamén as propostas de resolución, nas que reproba “a falla na labor de tutela da Xunta de Galicia sobre as Cámaras de Comercio, incumprindo cas recomendacións realizadas polo Consello de Contas”.
Os socialistas consideran por último necesario “elaborar e comezar a implantar un plan de saúde renal de Galicia antes de finalizar o presente ano 2015, cun estudio detallado do custe total que supón cada un dos diferentes procesos terapéuticos que se utilizan na diálise, así como establecer unha comparativa onde se reflictan as diferenzas entre o custe do servizo prestado na rede publica e na concertada”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar