O PSdeG demanda que o Consello Consultivo teña máis funcións no control da legalidade “de cuestións fundamentais para Galicia”

“Lamentamos a intención do PP de eliminar no conxunto de España este tipo de institucións”, asegura a deputada Beatriz Sestayo

Os socialistas galegos demandan unha ampliación de funcións do Consello Consultivo, “co obxectivo de controlar dunha forma eficaz a legalidade de cuestións fundamentais para Galicia”, asegura Beatriz Sestayo.

A Comisión Institucional da Cámara debateu o ditame que irá a Pleno para a reforma do Consello Consultivo. Da reunión saíu un texto coa abstención do PSdeG, pero non foron aceptadas varias emendas socialistas.

“Hai cousas que quedaron para o debate en pleno, como a nosa petición de dotar de máis medios ao Consello Consultivo e que sexa un organismo que poida solicitar informes e documentación sobre temas importantes”, afirma Sestayo.

Os socialistas esperan “consenso” na reforma do Consello Consultivo de Galicia, ademais de solicitar que non haxa “limitacións” no relativo á experiencia, idade e especialidade dos membros do órgano asesor.

A anterior modificación do Consello Consultivo “materializouse co consenso da Cámara”, lembran os socialistas, que piden tamén independencia á hora de elixir ao presidente do organismo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar