O PSdeG demanda á Xunta “unha solución para a familia de Aríns desafiuzada o venres” e lamenta que só 33 das 500 vivendas previstas para realoxos estean ocupadas

Xosé Sánchez BugalloOs socialistas galegos demandaron hoxe á Xunta “unha solución para a familia do barrio compostelán de Aríns desafiuzada o pasado venres” e levarán esta cuestión ao próximo pleno cunha pregunta oral.

O deputado socialista Xosé Sánchez Bugallo asegura que “o pasado venres, os veciños de Aríns e xunto con eles todos os galegos a través dos medios de comunicación, puideron asistir atónitos e avergoñados ás escenas nas que un equipo enteiro da Unidade de Intervención Policial se empregaba a fondo para facer cumprir unha sentenza xudicial que privaba da súa vivenda a unha familia en paro, aos seus dous fillos menores e a un familiar maior que convivía con eles”.

Esta situación producíase apenas tres días despois de que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) fixese público que das 500 vivendas previstas para o realoxo das familias afectadas por desafiuzamentos só tiña ocupadas 33, é dicir, quedaban 467 libres.

“O Goberno galego amosa de novo o seu alarmante déficit de sensibilidade social e unha evidente descoordinación, xa que as vivendas dependen dunha consellería e a xestión destes casos familiares doutra”, afirma Bugallo, que preguntará ao Executivo presidido por Alberto Núñez Feijóo “que fixeron os servizos da Xunta para resolver a situación desta familia”.

O Partido Socialista de Galicia lembra que no ano 2013 houbo 39.000 desafiuzamentos de familias en toda España, “e está claro que o programa da Xunta para axudar a 500 familias nesta situación tivo moi poucos resultados”, engade o deputado socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar