O PSdeG demanda á Xunta un maior control sobre as apostas e os xogos ‘online’ e un informe do Consello Consultivo sobre o sector

O PSdeG demanda á Xunta un maior control sobre as apostas e os xogos ‘online’ e un informe do Consello Consultivo sobre o sector

O PSdeG demanda á Xunta un maior control sobre as apostas e os xogos ‘online’ e un informe do Consello Consultivo sobre o sector

Os socialistas abstivéronse na votación para modificar a Lei reguladora dos xogos e apostas, pero mostrou diferentes dúbidas sobre o proceso de tramitación elixido

xogo_onlineA deputada socialista Beatriz Sestayo demandou hoxe ao Goberno da Xunta un maior control sobre o sector das apostas e os xogos ‘online’, co obxectivo de “aumentar a protección sobre os menores”.

Hoxe celebrouse o debate no pleno da Cámara sobre a tramitación do proxecto de Lei polo que se modifica a Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia. Os socialistas abstivéronse na votación, pero mostraron algunhas dúbidas sobre a forma elixida pola Xunta para facer esta modificación lexislativa.

“Os socialistas demandamos hai pouco tempo neste Parlamento maiores funcións para o Consello Consultivo, un organismo que debería facer un informe sobre este sector”, asegurou Sestayo.

Os socialistas preguntaron tamén polo dato de 1.489 máquinas recreativas tipo A con actividade en Galicia, unha cifra anunciada pola Xunta o pasado 30 de decembro e que non coincide con outros estudos, que reflicten unha cantidade maior.

“Os socialistas consideramos que a tramitación desta modificación debería ser distinta e é necesario un maior control sobre o sector, sobre todo pensando nos menores de 14 a 18 anos que teñen un acceso tan sinxelo ao xogo por Internet”, engadiu Sestayo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar