O PSdeG defenderá nas próximas eleccións europeas os intereses de Galicia no sector naval e nas políticas agraria e pesqueira

O PSdeG defenderá nas próximas eleccións europeas os intereses de Galicia no sector naval e nas políticas agraria e pesqueira

O PSdeG defenderá nas próximas eleccións europeas os intereses de Galicia no sector naval e nas políticas agraria e pesqueira

A Executiva do PSdeG respalda aos alcaldes que mañá se concentran en Santiago en contra da suba do canon de Sogama

A secretaria de Organización, Pilar Cancela, transmite en nome do conxunto do partido o seu pésame á familia do mariñeiro galego falecido polo afundimento do pesqueiro ‘Santa Ana’

A Executiva Nacional do PSdeG aprobou hoxe as propostas relativas a Galicia que defenderán os socialistas nas próximas eleccións europeas. O documento, no que trabállase desde hai dous meses, deixa claro a importancia para a autonomía dos sectores naval, pesqueiro e agrario.

A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, comezou a rolda de prensa posterior á Executiva trasladando, en nome do conxunto do partido, o pésame á familia do mariñeiro galego falecido no afundimento do ‘Santa Ana’, ademais de mostrar a preocupación dos socialistas polos outros dos mariñeiros galegos que continúan desaparecidos.

Con respecto aos comicios do 25 de maio, Cancela manifestou que “o comité federal do próximo sábado aprobará a lista da candidatura liderada por Elena Valenciano, pero xa lles podo adiantar que os intereses de Galicia estarán ben representados, como pasou nos últimos anos grazas ao traballo do eurodeputado Antolín Sánchez Presedo”.

“Defenderemos en Europa a importancia do sector agrario e dos municipios galegos que viven da pesca, ás que lle temos que garantir un desenvolvemento sostible xa que temos aquí 4.000 embarcacións de baixura”, afirmou.

Os socialistas galegos levarán tamén unha proposta en defensa do sector naval e da cidade de Ferrol, ademais de apoiar a Autoestrada do Mar de Vigo e o potencial da Eurorrexión co norte de Portugal. “Máis aló destes temas, nas eleccións do 25 de maio os cidadáns deberán decidir entre unha Europa socialdemócrata e o modelo que defende a dereita”, manifestou a secretaria de Organización.

Cancela pediulle ao PP que escoite ás miles de persoas que onte saíron á rúa en Santiago para esixir a paralización da Lei do aborto. A Executiva respalda tamén a concentración de mañá en Santiago dos alcaldes socialistas en contra da suba do canon de Sogama. “Un incremento inxusto do 34% no que a Xunta deriva toda a responsabilidade nos concellos”, afirmou.

A preguntas dos medios de comunicación, Cancela reiterou cal é a postura do PSdeG ante os casos de corrupción. “Non haberá cargos socialistas sentados nun xuízo oral, así como tamén serán apartados aos que se lle impoñan medidas cautelares por parte dun xuíz”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar