O PSdeG defenderá en Europa a protección das políticas sociais "porque os máis vulnerables non teñen por que pagar as consecuencias da crise"

O PSdeG defenderá en Europa a protección das políticas sociais "porque os máis vulnerables non teñen por que pagar as consecuencias da crise"

O PSdeG defenderá en Europa a protección das políticas sociais "porque os máis vulnerables non teñen por que pagar as consecuencias da crise"

Blanco demandou a Rajoy “que explique qué vai mellor en España cando reduciu o presuposto para servizos sociais un 30%, ou qué vai mellor cando recortou os fondos para a dependencia un 22%”

Subliñou que os maiores recortes “estanse cebando cos colectivos especialmente desprotexidos”

Dixo que vai defender establecer un Pilar Social dentro da UE , fixar un Mínimo Social, a creación gradual dunha Renda Mínima de Inserción e a adopoción da Acta Europea de Accesibilidade

O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco sinalou hoxe que o Partido Socialista concorre ás eleccións con “propostas claras para favorecer a protección das políticas sociais en Europa”, porque segundo sinala “non se pode apretar as persoas que non provocaron a crise, eles non poden ser os pagadores das súas facturas. E moito menos as persoas máis vulnerables, máis dependentes. Nosoutros queremos combater a desigualdade”, explicou.

Blanco visitou esta mañá a sede central de Cogami, onde presentou as propostas en materia social para Europa. Alí aseverou que o 25 de maio temos a oportunidade “de frear e dar a volta por completo a unha dinámica destrutiva marcada pola austeridade cega imposta pola maioría conservadora europea”.

O candidato socialista presentou ante os membros o programa social que o Partido Socialista impulsará en Europa. Blanco afirmou que van a establecer un Pilar Social dentro da UE ,“que poña os dereitos sociais ao mesmo nivel que as liberdades económicas, fixando, Indicadores Sociais Vinculantes”.

Tamén demandará fixar un Mínimo Social en canto ao gasto social dedicado nos orzamentos públicos, a creación gradual dunha Renda Mínima de Inserción e unha Acta Europea de Accesibilidade, “co fin de seguir avanzando no recoñecemento dos dereitos das persoas con discapacidade, adaptar as políticas da UE á Convención das Nacións Unidas neste ámbito, e adoptar dunha vez unha Acta Europea de Accesibilidade que permita a este colectivo acceder a bens e servizos en igualdade de condicións”.

Ademáis o candidato dixo que “é urxente impulsar a adopción dun Plan Europeo contra a Pobreza, e singularmente contra a pobreza infantil donde xa hai datos preocupantes”, xa que esta lacra golpea moralmente a tódolos europeos, “por iso reclamamos unha política de dimensión europea”.

Os recortes provocan o crecemento do paro

Subliñou que os maiores recortes “estanse cebando cos colectivos especialmente desprotexidos”. O candidato socialista aludiu “aos ataques devastadores á lei da dependencia, que está a ser laminada por Rajoy”, e proseguiu “gustaríame que Rajoy viñera a Cogami e se reunira con dependentes para dicirlles que todo vai mellor”.

Blanco insistiu nas súas criticas “que explique qué vai mellor cando reduciu o presuposto para servizos sociais un 30%, qué vai mellor cando recortou os fondos para a dependencia un 22%”. Neste punto lembrou que fixo desaparecer das listas de espera a “case 30.000 dependentes galegos” que tiñan recoñecido o dereito a recibir unha prestación, pero aínda non a recibían.

Tamén aludiu a cando fixo desaparecer aos coidadores, “suprimiulles as cotizacións á seguridade social” e recortou as aportacións económicas aos dependentes, ou cando xa empeza a reducirse o número de persoas que reciben prestacións.

Previsions en Europa engañosas

Por ultimo reclamoulle a Rajoy “mais traballo e menos propaganda e menos autocomplacencia”, para responder aos desafios que temos como pais. Nese senso aludiu as previsións da Comisión Europea 2014-2015 , feitas publicas hoxe, estas cifras dixo “desminten a propaganda do Goberno de España que plantexou en Europa un programa enganoso”. Segundo se constata nestes datos España vai rematar o ano 2015 con mais paro que cando Rajoy asumiu a reponsabilidade de goberno.

E resumiu “gañaron unhas eleccións decindo que eles ian ser os salvadores da lacra do paro, e van a rematar a lexislatura con máis parados e cada vez máis xente que non ten protección e con mais desigualdade”. “A xente debe saber que plantexaron un programa engañoso e que despois do 25 de maio viran os axustes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar