O PSdeG defende o municipalismo e demandan á Xunta unha Lei Local que asegure “a viabilidade dos concellos”

O PSdeG defende o municipalismo e demandan á Xunta unha Lei Local que asegure “a viabilidade dos concellos”

O PSdeG defende o municipalismo e demandan á Xunta unha Lei Local que asegure “a viabilidade dos concellos”

A secretaria de Organización, Pilar Cancela, mantivo esta tarde unha reunión de traballo cos socialistas da comarca do Ortegal

A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, defendeu esta tarde a importancia do municipalismo, “por tratarse das administracións que están máis preto dos cidadáns”, e demandou á Xunta que “garanta a viabilidade dos concellos” na futura Lei Galega de Administración Local, que se baseará na norma estatal feita pública no pasado mes de decembro.

Cancela mantivo esta tarde unha reunión de traballo en Cariño coas agrupacións socialistas da comarca de Ortegal. A secretaria de Organización lembroulles a importancia que terán as próximas eleccións europeas para decidir “si queremos unha Europa progresista e socialdemócrata ou de dereitas e conservadora”.

“Os socialistas temos unha concepción dos municipios que non ten nada que ver coa do Partido Popular, que entende que se trata de institucións que molestan para o seu exercicio do poder”, manifestou Cancela. Os socialistas lamentan que a reforma local impulsada polos Gobernos central e galego “pon en marcha un proceso recentralizador sen precedentes que vulnera a autonomía local que nós defendemos”.

Os cinco anos de Feijóo na Xunta provocaron unha merma das competencias municipais, ao marxe de máis paro, débeda e un imparable declive demográfico. Por iso, os socialistas galegos consideran que chegou o momento de “contraatacar” e demostrar que hai outra forma de facer política, unha política baseada na creación de emprego e na defensa dos servizos públicos e das pensións.

Con respecto aos comicios do 25 de maio, Cancela manifestou que “o comité federal do mañá aprobará a lista da candidatura liderada por Elena Valenciano, pero os intereses de Galicia estarán ben representados”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar