O PSdeG defende a supresión dos delegados territoriais por ser "altos cargos prescindibles"

O PSdeG defende a supresión dos delegados territoriais por ser "altos cargos prescindibles"

O PSdeG defende a supresión dos delegados territoriais por ser "altos cargos prescindibles"

O portavoz da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage Tuñas, defendeu a supresión da figura dos delegados territoriais da Xunta por ser “altos cargos prescindibles para o funcionamento da administración”. No debate dunha iniciativa parlamentaria, sinalou que a súa desaparición aforraría dez millóns de euros.

O responsable socialista apuntou que “o superdelegado de Ourense constitúe o mellor exemplo de que a Xunta de Galicia pode prescindir deste tipo de contratos” logo da súa decisión de “irse ao Bernabéu a ver un partido de fútbol mentres a súa provincia estaba asolagada por unha vaga de incendios forestais” cunha actuación que “merece o cese fulminante”.

Considerou así unha “burla” as declaracións deste representante político nas que xustificaba a súa ausencia porque “non ía andar eu coa mangueira” demostrando a súa “irresponsabilidade” e que “en lugar de pedir desculpas estase rindo dos cidadáns”. Reclamou ao goberno galego que clarifique “si respaldan a actuación do alto cargo ausentándose da súa responsabilidade nun momento crítico”.

Sinalou que esta actitude supón unha “absoluta falla de respecto aos veciños e veciñas de toda a provincia de Ourense que tiñan que estar loitando cos seus propios medios diante duns incendios que puxeron en risco ás persoas e os medios materiais”. Dixo que esta actitude “lembra a cando unha parte do Goberno galego ía de caza mentres Galicia vivía momentos tráxicos coa catástrofe do Prestige”.

Supresión das delegacións territoriais

Lage Tuñas dixo que esta situación demostra que as delegacións territoriais “son completamente prescindibles”. Apuntou que “dous anos e medio despois da súa creación, vese que a administración periférica da Xunta de Galicia é un fiasco, xa que nin é máis próxima nin máis áxil nin máis austera, dado que o seu funcionamento ten un custe dez millóns euros superior ao de gobernos anteriores”.

O portavoz da Área Institucional lembrou que “Feijóo non só non fixo a redución de postos de responsabilidade na estrutura periférica da Xunta senón que a incrementou, dotando ás denominadas superdelegacións dun gabinete de apoio propio, con persoal eventual ao servizo dos novos delegados territoriais”.

Apuntou hoxe que “os delegados territoriais poden ser útiles para Feijóo e rueda, co obxecto de que exerzan como comisarios políticos para caciquear as axudas e convenios da Xunta de Galicia cos concellos en función da cor política ou dos intereses do PP”. Isto evidencia tamén que “non son útiles para os cidadáns porque non teñen suposto ningunha mellora no funcionamento da administración periférica da Xunta”.

Emenda

O parlamentario socialista presentou hoxe unha emenda a unha Proposición non de Lei para que a Xunta adopte os acordos necesarios para suprimir a estrutura das cinco delegacións territoriais da Xunta de Galicia ao terse comprobado “completamente prescindible para o bo funcionamento da administración galega”.
Ademais, reclamou “un informe detallado coas tarefas e accións levadas a cabo polos delegados e delegadas territoriais entre os anos 2009 e 2011 dentro do seu ámbito competencial”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar