O PSdeG de Lugo denuncia ante a Xunta Electoral as visitas de Mato a Rábade e Meira

O PSdeG de Lugo denuncia ante a Xunta Electoral as visitas de Mato a Rábade e Meira

O PSdeG de Lugo denuncia ante a Xunta Electoral as visitas de Mato a Rábade e Meira

O PSdeG-PSOE provincial de Lugo vén de presentar unha denuncia ante a Xunta Electoral Provincial polo incumprimento da Lei Electoral nas visitas que a Conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato, realizou o día 5 de setembro de 2012 ao centro de menores de Santo Anxo da Garda en Rábade e ao Concello de Meira, e das que se fixo eco a prensa.

Tal e como se reflicte na noticia dos medios, nesas visitas téntase trasladar unha serie de “logros” como son as inversións realizadas no centro, ou a dotación económica que, supostamente, existe para “realizar as obras de mellora no centro Santo Anxo”, entrecomillados que se atribúen directamente á Conselleira. Aínda máis, Mato emprega promesas de futuro en período electoral, sobre as actuacións que se levarán a cabo no centro e, incluso, fala de novas instalacións, iso si, recoñecendo que aínda están en fase de “deseño”. No tocante á súa visita a Meira, de novo, en clara campaña electoral con emprego de fondos públicos, anunciou a aportación de 270.000 euros para unha “futura gardería municipal”. Faise notar que a Conselleira posou ante os medios gráficos (ou ben distribuíu as instantáneas) co Alcalde “revisando os planos da gardería”.

O PSdeG-PSOE de Lugo considera que tales actos incorren en contravención tanto da prohibición da realizar as chamadas “campañas de logros” coma da de “presentar proxectos”, establecidas no artigo 50 da LOREG e analizadas na Instrución 2/2001, do 24 de marzo da Xunta Electoral Central, polo que solicita que se sancionen tales actuacións de conformidade ca normativa electoral (artigo 153 LOREG) e os precedentes. O PSdeG considera que non hai motivo para que un representante institucional ou gubernamental non poida realizar declaracións para defender os seus administrados trala convocatoria electoral, pero nunca poden mezclarse os intereses institucionais cos electorais nin realizar unha clara campaña con fondos públicos como foi o caso da conselleira Beatriz Mato.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar