O PSdeG cualifica a Lei contra o Aborto do PP de “violencia estrutural contra as mulleres”

O PSdeG cualifica a Lei contra o Aborto do PP de “violencia estrutural contra as mulleres”

O PSdeG cualifica a Lei contra o Aborto do PP de “violencia estrutural contra as mulleres”

Carmen Acuña reclama que se debata a reforma da Lei do Aborto na Comisión para a Igualdade e os Dereitos das Mulleres

A deputada socialista Carmen Acuña cualificou hoxe a Lei contra o Aborto do PP de “violencia estrutural contra as mulleres”. Así o dixo no debate da Comisión para a Igualdade e os Dereitos das Mulleres, na que reclamou a análise dunha cuestión que resulta “fundamental no caso das mulleres maltratadas”.

A responsable socialista dixo que o anteproxecto presentado polo Goberno do PP é unha clara mostra de violencia estrutural pois “non só anula o dereito das mulleres a decidir senón tamén a súa responsabilidade”, e chega ,dixo, inspirada pola “violencia espiritual" que dende os sectores mais reaccionarios da Iglesia intentan aplicar” na nosa sociedade.

Acuña dixo que a Comisión debe analizar o recurso ao aborto como un aspecto mais dos relativos á saúde da muller, que tamén contempla a atención psicolóxica e a saúde física das mulleres maltratadas.

Acuña criticou neste sentido as declaracións do presidente da Xunta sobre os abortos en clínicas de Portugal, e subliñou que “ao mellor pensa que os maltratadores van levar ás mulleres a ese país para que aborten”. Este é un dos catro grandes eixos que os socialistas queren analizar neste órgano, xunto coa violencia contra as mulleres en sentido amplo, a condición social e xurídica da muller e a educación para a igualdade.

A deputada socialista salientou tamén a necesidade de que “se realice unha análise seria e sosegada das disfuncións na aplicación das leis contra a violencia de xénero”, así como a valoración da formación dos profesionais que traballan no maltrato e o funcionamento dos puntos de encontro e casas de acollida para as vítimas.

Acuña reclamou tamén que se poña en valor o “papel fundamental” pola proximidade dos concellos, que tamen vai ser recortado polo PP. Advertiu que a violencia contra as mulleres “só rematará cando desapareza a desigualdade”, e considera “equivocado pensar que unicamente coa regulación normativa se vai solucionar un problema moito mais amplo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar