O PSdeG cualifica a Fundación Porto de Vigo de “chiringuito concebido como plataforma electoral de Corina Porro”

O PSdeG cualifica a Fundación Porto de Vigo de “chiringuito concebido como plataforma electoral de Corina Porro”

O PSdeG cualifica a Fundación Porto de Vigo de “chiringuito concebido como plataforma electoral de Corina Porro”

Manel Gallego considera un “escándalo” que Feijóo creara o organismo que “dilapidou un millón de euros de diñeiro público sen xustificar”

O portavoz de Portos do Grupo Socialista, Manel Gallego, cualificou hoxe a Fundación Porto de Vigo de “chiringuito concebido como plataforma electoral de Corina de Porro”. O deputado vigués preguntou na Comisión de Industria por este organismo que “dilapidou un millón de euros de diñeiro público sen xustificar”.

O responsable socialista dixo que o ente constitúe o “mellor exemplo de como non se debe gastar o diñeiro” público, xa que “ao final non se fixo nada” do comprometido nesta “tapadeira electoral” para que Porro fixera campaña para a alcaldía da cidade. Sinalou que a día de hoxe “descoñécese o uso” dos fondos públicos aportados á Fundación pola Xunta.

Gallego lembrou que a fundación foi acredora dunhas subvencións do Igape por importe de 61.000 euros en 2010 e 140.000 en 2011, ademais de outros 86.000 euros procedentes da Fundación Xacobeo ou outros 50.000 da Consellería de Traballo e Benestar, sen que a día de hoxe se coñeza o seu uso nin destino final.

Puntualizou que o “malgasto de recursos públicos” evidencia que Porro foi “unha das peores presidentas da Autoridade Portuaria” da cidade, o que paradoxalmente foi “premiado polo PP coa presidencia do Consello Económico e Social”. Lembrou que non foi quen de executar un só dos seus proxectos na Fundación, mentres como presidenta “só tiña ocorrencias” que a levaron a recoller “os peores datos da Autoridade Portuaria”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar