O PSdeG critica que o único acordo sobre emprego acordado polo Consello da Xunta no último ano foi “o calendario laboral de 2014”

O PSdeG critica que o único acordo sobre emprego acordado polo Consello da Xunta no último ano foi “o calendario laboral de 2014”

O PSdeG critica que o único acordo sobre emprego acordado polo Consello da Xunta no último ano foi “o calendario laboral de 2014”

Méndez Romeu critica o desleixo de Feijóo para impulsar a creación de emprego e acúsao de traballar “para as grandes empresas que axudan financeiramente” ao PPdeG

O Consello da Xunta deixou sen aprobar ningunha cuestión de releve ou incidencia no último mes salvo o obrigado proxecto de Lei de Orzamentos

Méndez Romeu debate Estado AutonomíaO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe que o único acordo sobre emprego acordado en 50 consellos da Xunta, os celebrados no último ano, foi “o calendario laboral de 2014”. Na sesión de control ao presidente da Xunta, Méndez Romeu denunciou o desleixo de Feijóo para crear emprego.

“Hai unha Consellería enteira que nun ano non é capaz de propor nin un só acordo contra o principal problema deste país”, un desemprego que, dixo, sitúase hoxe nos 285.000 desempregados, 120.000 mais dende que Feijóo chegou á Xunta. Criticou que malia esta situación, no último debate do Estado da Autonomía rexeitara a proposta socialista para impulsar un plan de emprego sen presentar ningunha iniciativa alternativa.

Cualificou a Feijóo de “pésimo xestor na definición das prioridades de gasto, na asignación de recursos e na execución orzamentaria”, deixando sen executar mais da metade do orzamento para impulso ao crecemento e o emprego, 236 millóns de euros. Tamén deixou sen executar, dixo, unha terceira parte dos fondos de I+D, unha terceira parte das políticas de desemprego e dúas terceiras partes do orzamento do Igape.

Advertiu que as políticas activas de emprego obterán en 2014 un 9 por cento menos de orzamento, o que supón un 60 por cento menos dende a chegada de Feijóo á Xunta. A conclusión, dixo, é que dende a toma de posesión do presidente da Xunta os ocupados descenderon un 14 por cento e o desemprego medrou un 70 por cento, de acordo coa Enquisa de Poboación Activa.

O portavoz do Grupo Socialista sinalou que en só un 12 meses os ocupados descenderon un 4 por cento e os desempregados creceron un 5 por cento, duplicando a media estatal, de acordo cos datos oficiais. Subliñou que os orzamentos de 2014 son “os peores dos últimos anos”, xa que a Xunta pasou de que o investimento triplicara o pago da débeda en 2009 a dedicar hoxe o tripla do investimento só a pagar a débeda de Feijóo.

Para quen traballa?
Méndez Romeu preguntoulle a Feijóo “para qué intereses empresariais traballa vostede diferentes dos intereses de Galicia”, antes de sinalar que a Xunta traballa “para as grandes empresas” que “os axudan financeiramente”. Tomou as palabras do presidente do Banco Santander para sinalar que en España entra diñeiro “por todas partes, pero non para os petos dos traballadores, os parados, os pensionistas ou os mozos”.

O responsable socialista criticou que o presidente da Xunta esqueza ao tecido empresarial que carece de acceso ao crédito e que vai quedar “en peores condicións” logo da desaparición de NGB. Neste sentido, acusouno de permitir a venda do único instrumento financeiro que queda en Galicia, co que Galicia será a única comunidade histórica sen entidade financeira propia.

Criticou que “nin o presidente Feijóo nin Mariano Rajoy son capaces de convencer a De Guindos nin ao FROB para manter unha entidade financeira que preste liquidez e axude no desenvolvemento do tecido empresarial”.

O portavoz do Grupo Socialista anunciou que volverán a presentar unha proposta no debate orzamentario para incrementar a fiscalidade ás grandes fortunas que permita obter recursos para loitar contra o desemprego. Reclamoulle que “a lo menos convenza a Rajoy de revisar o sistema de financiamento autonómico antes de que as grandes comunidades autónomas tomen decisións prexudiciais para Galicia”.

Consellos da Xunta
O Grupo Socialista denuncia que o goberno galego non aprobou no último mes “ningunha cuestión de certo releve ou cunha incidencia de algún interese para a cidadanía”, salvo o obrigatorio proxecto de Lei de Orzamentos.

Sinalan que este balance “ben cativo” inclúe seis decretos polos que se regulou o título de “embaixador de honra do Camiño de Santiago”, tres decretos para cambiar a titularidade de diversas estradas, outro aprobou unha modificación puntual das normas urbanísticas dun concello e a regulación da historia clínica electrónica.

No mes de outubro foron aprobados dezaseis acordos, unha media de catro por cada consello, ademais dunha ducia de informes que supoñen “pura propaganda sen ningunha incidencia real nos principais problemas do país”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar