O PSdeG critica que o PP “rexeita aumentar impostos ás rendas mais altas pero queren introducir o copago”

O PSdeG critica que o PP  “rexeita aumentar impostos ás rendas mais altas pero queren introducir o copago”

O PSdeG critica que o PP “rexeita aumentar impostos ás rendas mais altas pero queren introducir o copago”

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, criticou hoxe que o PP teña “rexeitado incrementar impostos para as rendas mais altas mentres queren introducir o copago”. Así o dixo logo de que o PP rexeitara unha iniciativa socialista na Comisión de Economía de hoxe para aumentar o IRPF ás rendas de mais de 100.000 euros.

Caride advertiu que mentres o PP négase á redistribución da renda e garantir uns servizos públicos de calidade a conselleira de Facenda amósase disposta a reducir os impostos e polo tanto a capacidade financeira da Xunta. Criticou que deterioran os servizos públicos, baixan as axudas para libros de texto e retiran a súa gratuidade, pechan quirófanos, non abren centros de día, paralizan o plan de I+D.

A responsable socialista dixo que “non é momento de baixar os impostos, é o momento de subilos ás rendas mais altas para evitar que o axuste recaia exclusivamente polo lado do gasto” e criticou que “queiran facer crer que a presión fiscal en España é elevadísima cando non é certo”.

Advertiu que o PP oponse, co seu modelo liberal – conservador, á redistribución da renda a través de impostos directos mentres estudan e analizan a implantación do copago na sanidade. Así conseguen que os cidadáns “paguen dúas veces polo mesmo servizo, unha vez a través do IRPF e outra vez na consulta”, nun modelo de sanidade dual que diferenza a privada para quen mais ten e a “de beneficencia” para os demais.

Caride reclamou un aumento dos presupostos para servizos públicos grazas ao incremento dun punto no IRPF das rendas de 100.000 a 125.000 euros, de 2 puntos para as de entre 125.000 e 150.000 e de 3 para as que superen esta cifra. Explicou que esta medida afianza o papel redistributivo da renda, non afecta aos cidadáns de renda media e ao dirixirse ás maiores rendas “apenas ten incidencia sobre o consumo”.

Ademais engadiu que esta medida vai a favor do ditame do Consello Económico e Social, que sinala que a redución do imposto de transmisións e actos xurídicos documentados detraía recursos públicos imprescindibles para manter ou reforzar os servizos públicos nun contexto de diminución da súa calidade. O CES engadía que esta medida tería unha “incidencia pírrica” sobre o mercado da vivenda.

Caride acusou ao PP de “desprezar” os ingresos que produciría esta modificación fiscal, que o propio portavoz do Grupo Popular estimaba nun mínimo de 10 millóns de euros “mentres pensa en introducir o copago na sanidade”

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar