O PSdeG critica os “recortes orzamentarios en materia de Política Lingüística” e demandan “medidas reais” para normalizar o uso do galego

O PSdeG critica os “recortes orzamentarios en materia de Política Lingüística” e demandan “medidas reais” para normalizar o uso do galego

O PSdeG critica os “recortes orzamentarios en materia de Política Lingüística” e demandan “medidas reais” para normalizar o uso do galego

“Necesitamos unha programación máis eficaz, non podemos alegrarnos da continua redución de axudas”, asegura o deputado Francisco Caamaño

“É unha indecencia democrática a decisión de prescindir dos docentes dos cursos para obter os títulos Celga”, sostén

O portavoz de Lingua e Cultura do Grupo Parlamentario Socialista, Francisco Caamaño, criticou hoxe na Cámara “os recortes orzamentarios en materia de Política Lingüística”, demandando “medidas reais” para normalizar o uso do galego.

Como resposta á intervención na Comisión de Educación e Cultura do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, o deputado socialista solicitoulle “unha programación máis eficaz, non podemos alegrarnos da continua redución de axudas” para a dinamización do galego.

“Entre os anos 2009 e 2013, dos máis de 67 millóns de euros orzamentados para Política Lingüística, quedaron sen executar más de doce millóns, é dicir, o dobre do orzamento previsto para este 2014”, afirmou Caamaño.

O portavoz de Lingua do PSdeG na Cámara galega cualificou de “indecencia democrática e feito vergoñento a decisión da Xunta de prescindir dos docentes dos cursos para obter os títulos Celga na situación actual de crise económica, o que leva a moitos profesionais ao desemprego”.

Caamaño referiuse tamén á diminución de axudas para os medios de comunicación en galego ou para asesoramento lingüístico nos concellos, o que provoca a agrupación deste tipo de servizos para atender a varios municipios. “É o resultado da miseria e dos recortes”, aseverou.

“É necesario e imprescindible a posta en marcha de políticas reais de normalización e potenciación da lingua, a situación actual non é boa para a lingua galega”, engadiu Caamaño.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar