O PSdeG critica os mecanismos de financiamento aos que se acolle a Xunta e lembra que Galicia pagou un sobrecusto de 211 millóns de euros no período 2010-2014

O PSdeG critica os mecanismos de financiamento aos que se acolle a Xunta e lembra que Galicia pagou un sobrecusto de 211 millóns de euros no período 2010-2014

O PSdeG critica os mecanismos de financiamento aos que se acolle a Xunta e lembra que Galicia pagou un sobrecusto de 211 millóns de euros no período 2010-2014

Juan Carlos González SantínOs socialistas galegos criticaron hoxe no Parlamento os mecanismos de financiamento aos que se acolle a Xunta e lembran que Galicia pagou un sobrecusto de 211 millóns de euros no período 2010-2014.

Nunha pregunta oral en comisión, o deputado socialista Juan Carlos González Santín afirmou que “o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas promoveu a finais do ano pasado a creación dun novo fondo para que determinadas comunidades autónomas puideran financiarse á marxe do existente Fondo de Liquidez Autonómico (FLA)”.

“A Xunta de Galicia, en data 19 de xaneiro de 2015, decidiu acollerse a tal mecanismo de financiamento, pero da información facilitada polo ministerio despréndese en primeiro termo que o Goberno galego se financiou no pasado a uns tipos superiores aos que o realizaron outras comunidades a través do Estado, e que supuxeron para Galicia un sobrecusto financeiro de 211 millóns de euros no período 2010-2014, segundo datos do propio ministerio”, apuntou Santín.

En opinión do deputado socialista, “estes datos poñen en evidencia as afirmacións, repetidas en varios ocasións polo presidente da Xunta de Galicia e membros do seu Goberno, de que os custes financeiros acadados por Galicia eran inferiores aos propostos dende a administración central”

“Galicia saíu prexudicada do cumprimento dos obxectivos de déficit e tampouco resulta certo que o financiamento acadado co novo fondo estea libre de obrigas para a nosa comunidade, xa que se require que se realice a solicitude á Administración central, que será a que deberá aceptala, a quen se lle remitirán determinados informes periódicos e que polo Consello de Goberno da Xunta se acepte o compromiso de destinar os fondos ás necesidades que aprobe a Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos”, apuntou.

“Todo iso ademáis de cumprir con determinadas obrigas tales como non realizar operacións instrumentais en valores ou operacións de crédito a longo prazo, salvo previa autorización expresa por parte da administración central; así como o compromiso de cumprir cos acordos que ao respecto se poidan adoptar para o desenvolvemento deste mecanismo de financiamento, polo que resulta evidente que supón un recorte á propia autonomía financeira da nosa comunidade”, engadiu.

“Outras comunidades autónomas incluso gobernadas tamén polo Partido Popular, como Madrid, non aceptan tal tratamento e indican, en declaracións do seu propio presidente, que o novo fondo resulta falso, discriminatorio e arbitrario; ademáis, poñen en dúbida as cifras facilitadas, que para Galicia se concretan en 125 millóns de euros cun financiamento a tipo cero durante os próximos tres anos, e tachan o mecanismo de inxusto”.

“As medidas adoptadas non deixan de ser un amaño para non abordar e adiar un novo sistema de financiamento, tal e como sería preceptivo e a propia Xunta de Galicia se comprometera a promover”, rematou Santín.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar