O PSdeG critica “o novo silencio da Xunta e a ausencia de propostas para o sector lácteo, estratéxico para Galicia pero abandonado pola conselleira”

O PSdeG critica “o novo silencio da Xunta e a ausencia de propostas para o sector lácteo, estratéxico para Galicia pero abandonado pola conselleira”

O PSdeG critica “o novo silencio da Xunta e a ausencia de propostas para o sector lácteo, estratéxico para Galicia pero abandonado pola conselleira”

Pablo GarcíaO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, criticou hoxe no pleno do Parlamento “o novo silencio da Xunta e a ausencia de propostas para o sector lácteo, estratéxico para Galicia pero abandonado pola conselleira”.

“Hai só uns días que presentamos sete propostas e non obtivemos resposta, só silencio, pero xa me conformo con que teñamos un conselleiro o unha conselleira preocupada polo sector”, asegurou García, que lembrou que “no seu discurso de investidura, Feijóo prometeu que na mesa do leite a Xunta estaría do lado dos produtores, pero o problema é que non temos nin mesa”.

O deputado socialista lamentou que a Xunta rexeitase todas as propostas dos socialistas para reforzar o sector cando os prezos do litro de leite estaban máis altos, “e agora os gandeiros e gandeiras galegos cobran 33 céntimos por litro, un 10% menos que a media da UE e tendo que alugar en moitos casos cota por 7 céntimos a outros países”.

“Non rexeitamos ningunha medida posta en marcha pola Xunta a favor do sector sinxelamente porque non puxo ningunha medida en marcha”, dixo García, que apuntou que a falla de iniciativa do Goberno galego provoca a vulnerabilidade do sector sen contratos coa industria, o paquete lácteo sen desenvolver a seis meses do remate do sistema de cotas e coa ameaza de supertaxa enriba da mesa.

A esta situación súmase a crise provocada polo veto ao mercado ruso, que deixa 3.500 millóns de litros de leite sen destino e ameazando con rachar o mercado español. García considera “incomprensible” que Galicia non sexa quen lidere o sector do leite nacional cando ten mais do 40% da produción de leite do Estado e mais da metade dos produtores, dando emprego a 40.000 persoas.

Os socialistas reclaman un plan específico de seguimento dos prezos, entregas, arrendamentos ou contratos, consensuado co sector, así como trasladar unha postura clara e concreta fronte ás modificacións do paquete lácteo.

García demanda tamén un plan plurianual de investimentos priorizando o sector para que os gandeiros poidan dispoñer de mais terra, diante do papel determinante que xogarán os custes da produción de leite e o axeitado aproveitamento do “factor terra” no novo escenario liberalizado.

O PSdeG-PSOE buscará alianzas cos demais grupos, con concellos, con alcaldes e coa sociedade en xeral de moitas zonas que dependen deste sector para buscar unha saída para o sector. De non atopala, para moitas explotacións sería a “estocada definitiva por parte do Goberno Feijoo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar