O PSdeG critica o “discurso demagogo da Xunta do PP”, que sempre promete defender os intereses de Galicia pero despois “o único que fai e obedecer a Rajoy”

O PSdeG critica o “discurso demagogo da Xunta do PP”, que sempre promete defender os intereses de Galicia pero despois “o único que fai e obedecer a Rajoy”

O PSdeG critica o “discurso demagogo da Xunta do PP”, que sempre promete defender os intereses de Galicia pero despois “o único que fai e obedecer a Rajoy”

“É un comportamento que se repite en temas como o financiamento autonómico, as preferentes, os partidos xudiciais ou a reforma enerxética”, asegura Pilar Cancela.

Rubalcaba, Valenciano, Zapatero, Jáuregui, Patxi López e Alfonso Guerra participarán en Galicia en actos da campaña das Eleccións Europeas

A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, criticou hoxe “o discurso demagogo” da Xunta do Partido Popular, que promete en Galicia que defenderá os intereses dos cidadáns en cuestións fundamentais para a comunidade autónoma, “pero despois o único que fai é obedecer a Rajoy”.

“É un comportamento que se repite en temas tan importantes como o financiamento autonómico, as preferentes, o novo mapa xudicial ou a reforma enerxética, que provocou a inxusta suba do canon de Sogama”, manifestou Cancela na rolda de prensa posterior á Executiva galega do PSdeG.

En opinión da secretaria de Organización dos socialistas, “Galicia xógase moito no novo financiamento autonómico e aí foi moi bo o labor de Executivo de Emilio Pérez Touriño; o Goberno central debe ter en conta aspectos como o envellecemento e a dispersión xeográfica e o PSdeG ofrece á Xunta a nosa disposición para chegar a unha posición de consenso”.

Con respecto ás preferentes, Cancela lembrou que o PP votou en contra no Congreso dos Deputados de que os aforradores recuperasen os seus cartos, “ao contrario do que fixo no Parlamento de Galicia, o que demostra que non está do lado dos afectados”.

“O PSdeG está tamén en contra da reforma dos partidos xudiciais proposta polo PP, que primeiro encareceu a xustiza coas taxas e agora quere alonxala dos cidadáns, polo que a Xunta ten que actuar, pero non sabemos moi ben se non quere ou non pode”, dixo.

Cancela referiuse tamén ás próximas eleccións europeas a adiantou aos medios de comunicación nomes de altos cargos socialistas que estarán en Galicia apoiando ao candidato José Blanco. “Temos confirmada a presenza de Rubalcaba, Elena Valenciano, José Luis Rodríguez Zapatero, Jáuregui, Patxi López ou Alfonso Guerra, entre outros”, afirmou.

A secretaria de Organización dos socialistas engadiu que “faremos unha campaña próxima aos cidadáns, queremos explicarlles ben a importancia da socialdemocracia para recuperar o benestar e deixar atrás esta política de recortes que dificulta moito a vida das persoas”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar