O PSdeG critica o "castigo especial" do PP ás perruquerías ao subir o IVE do 8 ao 21 por cento

O PSdeG critica o "castigo especial" do PP ás perruquerías ao subir o IVE do 8 ao 21 por cento

O PSdeG critica o "castigo especial" do PP ás perruquerías ao subir o IVE do 8 ao 21 por cento

González Santín sinala que a medida provoca o peche de negocios e o aumento do traballo somerxido en lugar de aumentar a recadación fiscal

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, lamentou hoxe o “castigo especial” asestado polo PP ás perruquerías ao subirlles o IVE dende o 8 ao 21 por cento dende o goberno central. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei no Parlamento de Galicia para reverter esta suba, que foi votada en contra polo PP.

González Santín sinalou que a suba supón un aumento do 160 por cento da carga impositiva deste sector, asestando un dobre castigo ao sumar a retirada do IVE superreducido á suba xeral do IVE. Ademais, dixo, demostran a súa incoherencia ao votar hoxe en contra dunha medida que precisamente pedían a través dunha proposición de Lei presentada en 2005 polo PP no Congreso.

O responsable socialista explicou que a medida adoptada polo goberno central en setembro de 2012 e respaldada hoxe polo PP en Galicia, lonxe de aumentar a recadación polo IVE está a provocar o peche do 30 por cento dos negocios e o despedimento de traballadores. Ademais, engadiu, “provoca competencia desleal no sector obrigando a moitos profesionais a traballar de forma non legal”.

Lamentou que “parece ser que os membros da oposición somos os únicos que vivimos en Galicia e vemos a realidade do que pasa”, diante da “miopía” demostrada polo PP, que se nega a ver que esta medida “estanca o consumo e provoca a perda de confianza do consumidor”.

A suba radical do imposto supón un duro golpe para un sector que suma 5.000 empresas en Galicia, con 3.000 autónomos que dan traballo a unha media de 2,3 empregados de Pemes que se manteñen sempre por debaixo dos 100 traballadores. A suba de impostos fai que as empresas teñan que asumir a caída de beneficios, prexudicando aos traballadores, ou provocar unha suba dos prezos.

A realidade é que durante o ano 2013 o sector perdeu o 20 po cento dos traballadores, que no conxunto do Estado supuxo a perda de 10.000 empregos e o peche de 3.000 empresas dun total de 120.000 empregos e 48.000 empresas que tiña antes da aplicación desta medida.

Iniciativa

Os socialistas reclamaron hoxe que a Xunta lle pida ao goberno central “que reconsidere a aplicación do tipo xeral do IVE do 21 por cento aos servizos de perruquería e volva aplicar o tipo reducido do 10 por cento a ditos servizos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar