O PSdeG critica a sexta modificación da Lei do Eólico por un goberno "afogado na súa propia propaganda" e que sitúa ás empresas "nun labirinto endemoniado"

O PSdeG critica a sexta modificación da Lei do Eólico por un goberno "afogado na súa propia propaganda" e que sitúa ás empresas "nun labirinto endemoniado"

O PSdeG critica a sexta modificación da Lei do Eólico por un goberno "afogado na súa propia propaganda" e que sitúa ás empresas "nun labirinto endemoniado"

Abel Losada advirte “gatopardismo” nas modificacións da lexislación que “aparenta cambialo todo para que en realidade nada cambie”

Os socialistas abstéñense na modificación lexislativa por considerala insuficiente

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo hoxe que a sexta modificación da Lei do Eólico, aprobada hoxe por Feijóo polo procedemento de lectura única, evidencia que o goberno galego está “afogado na súa propia propaganda”. Esa e a única razón, dixo, da modificación exprés da norma deixando ás empresas das renovables “nun labirinto endemoniado”.

Os socialistas abstivéronse hoxe nunha modificación lexislativa “absolutamente insuficiente” que adoece, dixo, de “gatopardismo”. O portavoz socialista aludiu á personaxe do príncipe Salina na novela de Lampedusa El Gatopardo, que quería dar a aparencia de que “todo cambia para que en realidade nada cambie”, nunha estratexia que finalmente fracasou fronte aos latifundistas de Sicilia.

Losada negouse a ser “cómplice da dimensión teatral e escénica” do goberno galego con esta nova modificación lexislativa, que centran no “aforro económico para as empresas” esquecendo a creación de postos de traballo. Así, considerou “imprescindible que a Xunta centre o discurso na creación de emprego para os cidadáns”, mentres baixa o paro e a afiliación á Seguridade Social conxélase porque “os galegos non traballan mais: marchan”.

Sinalou que esta reforma, ademais de supor un “cambio puntual de transcendencia limitada”, provoca a inseguridade xurídica das empresas que desempeñan a súa actividade nun país que, ironizou, é un “paradigma de seguridade xurídica para as renovables”. Advertiu así que o goberno do PP é actualmente o que ten mais procesos abertos neste sector nos tribunais internacionais.

A realidade, dixo, é que a nova modificación lexislativa supón “un paso mais” nos catro anos e nove meses dende a paralización e reforma do Plan Eólico por parte de Feijóo, que provocou que as empresas galegas perderan as primas ás renovables, paralizando completamente a súa actividade. Lembrou que os 700 millóns de euros de investimento e os 1.400 empregos anunciados polo goberno seguen sen producirse.

Ademais, sinalou que a Xunta “débenos un mínimo de seriedade” e “rebaixar o nivel de publicidade” e aumentar o rigor dun Plan Eólico que segundo as súas contas suporía un investimento de 500.000 euros por emprego. Mentres, sinalou, a actualización do Plan de Estabilidade do goberno central prevé 14.000 millóns de investimento e 600.000 empregos, 25.000 euros por cada posto de traballo.

Advertiu que a Xunta en realidade quere agochar a súa “incapacidade e incompetencia” á hora de buscar solucións aos problemas de financiamento das empresas, mentres mantén inactivo o Igape, renunciando a abrir vías de colaboración e cooperación financeira co Banco Europeo de Investimento e é “incapaz de explicar por qué”.

Ademais, lembrou que o Parlamento aprobou hai dous anos por unanimidade unha Proposta de Resolución para que o goberno remitira informes semestrais sobre o grao de cumprimento dos plans industriais vencellados ao Plan Eólico. Sinalou que a día de hoxe non foi presentado ningún dato, co que “van alá dous anos e nos deben vostedes catro informes”.

Criticou así o escurantismo co que o goberno galego está a xestionar o seu Plan Eólico, que logo de preto de catro anos continúa paralizado, negándose a responder ás solicitudes formais de información dos grupos parlamentarios, co que “a oposición e Galicia non saben nada do desenvolvemento deste plan mais alá da súa publicidade e propaganda”.

Losada censurou finalmente que o goberno escollera o trámite de lectura única para aprobar esta modificación lexislativa, sen presentar ningún tipo de documentación que xustifique a necesidade de recorrer a este tipo de proceso excepcional. Sinalou que este proceso furta o debate a fondo no Parlamento e impide que a oposición presente emendas para enriquecer o texto.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar