O PSdeG critica a "inaudita campaña electoral da patronal con Feijóo, ao máis puro estilo da Conferencia Episcopal"

O PSdeG critica a "inaudita campaña electoral da patronal con Feijóo, ao máis puro estilo da Conferencia Episcopal"

O PSdeG critica a "inaudita campaña electoral da patronal con Feijóo, ao máis puro estilo da Conferencia Episcopal"

O PSdeG criticou hoxe a “inaudita entrada en campaña electoral das confederacións de empresarios de España e Galicia”, que hoxe celebran un acto en Santiago xunto a Feijóo e Beatriz Mato.

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, cualificou de “vergoñento” que o presidente da CEOE, Juan Rosell, e o da CEG, Antonio Fontenla, organicen un foro empresarial coa participación de Feijóo en campaña electoral, o que considerou “absolutamente partidista”.

Lamentou que os presidentes das confederacións de empresarios actúen “ao máis puro estilo da Conferencia Episcopal”, ofrecendo un apoio explícito en campaña a Feijóo, en lugar de preocuparse de resolver os problemas que atravesan os empresarios.

Denunciou así que a patronal decida poñerse “ao lado de Feijóo na foto”, en lugar de esixir ao Goberno galego “que tome medidas para incentivar o tecido empresarial de Galicia, facilitar o crédito ás empresas e pagar as facturas en tempo en lugar de agochalas nos caixóns”.

“Os empresarios galegos non merecen a estes representantes”, sentenciou García.

Pola súa parte, o portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, apuntou que este “acto de parte organizado polas confederacións de empresarios en plena campaña” está enmarcado nun convenio co Igape que ten un custo de 18 millóns de euros.

“Non só é un acto de campaña, senón un acto moi caro”, afirmou Losada, quen esixiu ademais a Feijóo e ao PP “que non mire só para as confederacións de empresarios, senón tamén para aqueles grupos sociais que teñen máis dificultades e que parece que non centran tanto a atención da Xunta”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar