O PSdeG creará unha plataforma cidadá para loitar contra a instalación da incineradora de residuos no Irixo

O PSdeG creará unha plataforma cidadá para loitar contra a instalación da incineradora de residuos no Irixo

O PSdeG creará unha plataforma cidadá para loitar contra a instalación da incineradora de residuos no Irixo

Os dirixentes socialistas manifestaron esta tarde no Carballiño a súa total oposición á instalación dunha planta incineradora de lixo e o conseguinte vertedoiro no concello do Irixo.

A secretaria de Organización provincial, María Quintas, denunciou que Feijóo pretende converter esta provincia “na cloaca de Galicia, e non o imos consentir”, e que este anuncio “presuntamente improvisado” responde ao único obxectivo do Sr. Feijóo dende que chegou ao Goberno da Xunta, que foi “devaluar esta provincia con cero inversión traéndolle o máis prexudicial”.

Quintas cualificou de “lamentable e miserable” que en tempos de crise se pretendan vender presuntos postos de traballo “a cambio de saúde”, porque “só hai que acudir a Sogama a ver cántas persoas están traballando”.

A deputada lembrou que Feijóo cambiou o Plan de Residuos en canto chegou ao Goberno única e exclusivamente para poñer en marcha unha incineradora, e engañou a todos os ourensáns porque dende o principio sabía onde iba poñer a planta incineradora co prexuízo de toda a provincia.

“Feijóo o silenciou ata despois das eleccións porque sabía que lle ía restar votos”, dixo, ademais de que a incineradora que se anuncia está en fraude de lei, porque debería haberse adxudicado a través dun concurso público.

“Parece que Feijóo na provincia de Ourense só sabe queimar, arden os montes e non os veñen apagar, non se implica na recuperación dos montes, e agora nos pon unha incineradora que nos vai a condenar á contaminación das augas e do aire”, apuntou.

Tamén sinalou que os socialistas da provincia farán oposición importante a este proxecto, porque estas plantas incineradoras que levan asociadas un vertedoiro contaminan as augas e arruinan a comarca, e se trata dunha xestión de residuos desbotada polas directivas europeas.

O portavoz socialista no concello do Irixo, Javier Rodríguez, anunciou a creación dunha plataforma cidadá da comarca do Carballiño contra a instalación desta planta, para o que xa se contactou con diferentes asociacións veciñais, e censurou que Feijóo esperase a pasar as eleccións para desvelar a ubicación de dita planta.

Ademais criticou que non se coñece a ubicación específica da planta, co conseguinte prexuízo medioambiental para toda a comarca, e recordou a aposta dos socialistas pola reciclaxe e reutilización do lixo.

O alcalde de Piñor, Francisco Fraga Cibeira, afirmou que esta non é a noticia que agardabamos na Galicia interior que morre por falta de apoio e de políticas de reequilibrio territorial”, e esta planta “lle acaba de dar a puntilla”.

“Dende Piñor, como os ventos e as filtracións de auga non entenden de límites municipais, faremos un chamamento aos veciños de toda a comarca para loitar contra esta incineradora”, dixo.

Fraga Cibeira engadiu que “se é unha inversión tan boa non sabemos por que na costa, que xeneran moitos máis residuos e sería máis económico porque evitan gastos de transporte, non loitan por ela”.

O senador Miguel Fidalgo apuntou que esta instalación vai en contra da lei marco recentemente aprobada polo Goberno de España, e afirmou que esta planta “é poñerlle a acta de defunción á comarca”, porque as emisión de dioxinas desta planta afecta a 30 quilómetros á redonda.

Así, Fidalgo apuntou que “este tema será fundamental de cara ás vindeiras eleccións autonómicas, e os socialistas pediremos aos veciños que vaian votar con este tema na cabeza”.

Neste sentido o alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, dixo que “o Goberno de Feijóo é altamente prexudicial para os intereses dos veciños do occidente ourensán”, e que esta planta afectará ao sector vitivinícola, termal e turístico da zona.

O Grupo Provincial Socialista presentará unha moción para o seu debate na Deputación, tal e como avanzou o portavoz José Ignacio Gómez Pérez, tamén presente na Xuntanza, quen lembrou que José Luís Baltar dixera que non se instalaría nun sitio onde houbera oposición veciñal, “como cremos que vai haber aquí”.

Ademais se presentarán mocións en todos os concellos da comarca e da provincia, por tratarse dun tema que afecta a toda a provincia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar