O PSdeG constata que “as oposicións do SERGAS foron adulteradas baixo o manto protector do goberno”

O PSdeG constata que “as oposicións do SERGAS foron adulteradas baixo o manto protector do goberno”

O PSdeG constata que “as oposicións do SERGAS foron adulteradas baixo o manto protector do goberno”

O portavoz da Área Institucional do PSdeG José Manuel Lage rexistrou unha nova iniciativa parlamentaria para preguntar polos responsables políticos das oposicións do SERGAS "que foron adulteradas baixo o manto protector do poder político do PP"

Lage Tuñas constata que "as oposicións do SERGAS foron adulteradas baixo o manto protector do Goberno que preside Núñez Feijóo."

"Tan limpas foron as oposicións do SERGAS que os que sacaron as notas máis altas renuncian ás súas prazas por solidariedade, non por ter sido beneficiados polo poder político do PP"

Lage Tuñas ironiza sobre "a limpeza das oposicións" nas que o Valedor do Pobo constatara a existencia de irregularidades despois das denuncias do PSdeG e dos representantes de persoal do SERGAS .

Dixo que "o milagre das oposicións do SERGAS fai que os mellor puntuados renuncien, que ninguén pense que ten algo que ver as denuncias do PSdeG-PSOE nin o expediente aberto polo Valedor do Pobo"

Responsabilidades políticas

Lage Tuñas considera "fundamental" que o goberno galego explique quen foron os altos cargos da Xunta que deron cobertura "ao trapicheo de prazas de emprego pùblico no SERGAS".

"O feito de que non existira ningùn tipo de control na sala onde se imprimiron os exames ou o feito de que un opositor se corrixira o seu propio exame son dúas perlas que amosan a impunidade e a falta de escrúpulos do PP na función pública galega" denuncia Lage Tuñas

Os socialistas galegos consideran "unha tomadura de pelo" para máis de 20.000 opositores as declaracións dos responsables da consellería negando a realidade. "Ou é que non é certo que un opositor se corrixiu o seu propio exame?" preguntase o deputado socialista.

O segundo milagre

O parlamentario socialista maniféstase sorprendido polos milagres que suceden no SERGAS, "ao ver como os beneficiados nas oposicións por un milagre que os situou entre os mellor puntuados, agora noutro milagre renuncian ás prazas que lles corresponderían"

"É boa verdade que a Sr. Farjas a xestión sanitaria non a mellorou pero pode que vaia camiño da beatificación por tantos milagres en tan corto espazo de tempo"
ironiza Lage Tuñas

"Por unha banda a consellería de Sanidade instálase na mentira permanente para negar os feitos constatados en informes oficiais e por outra banda prodúcese o segundo milagre nas oposicións do SERGAS: renuncian às súas prazas aqueles que obtiveron as mellores puntuacións. Por qué renuncian se houbo tanta limpeza como quere soster a conselleira Farjas?"

O portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista considera "insostible" a situación que están atravesando os procesos selectivos na Xunta e pide "que se remate coas malas prácticas".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar