O PSdeG consigue un acordo parlamentario para darlle unha solución aos veciños de Taramancos-Noia

O PSdeG consigue un acordo parlamentario para darlle unha solución aos veciños de Taramancos-Noia

O PSdeG consigue un acordo parlamentario para darlle unha solución aos veciños de Taramancos-Noia

Lage Tuñas demandou “solucións para que non quede ningunha vivenda aillada na aldea de Taramancos”

O deputado do PSdeG José Manuel Lage levou á comisión 2ª do Parlamento (obras públicas, medio ambiente, infraestructuras) a problemática dos veciños de Taramancos-Noia e consigue un acordo para “atopar unha solución evitando que ningunha vivenda quede aillada”

”Estarei vixiante para que agora a Xunta cumpla o acordo do parlamento nun prazo razonable” advirte Lage Tuñas

O deputado socialista José Manuel Lage Tuñas presentou na comisión 2ª do Parlamento (obras públicas, medio ambiente, infraestructuras) unha proposición non de lei co obxecto de abordar a problemática dos veciños de Taramancos-Noia e conseguir “garantizar o acceso rodado dende a aldea de Taramancos á praia de Testal”.

”Dende a Xunta modificaron o proxecto da variante deixando aos veciños do núcleo de Taramancos sin accesos e servizos básicos e era preciso que rectificaran. Non podíamos permitir que o goberno galego anulara as comunicacións terrestres de Taramancos coa praia de Testal sen darlles alternativas aos veciños" explica o parlamentario socialista.

Atender as peticións dos veciños

Lage Tuñas demandou na comisión do parlamento que se consensúe cos veciños a solución “para acadar un acceso axeitado para Taramancos, e por axeitado entendemos que, tanto si se trata dun paso superior ou inferior, a pendente sexa razoable para que poidan pasar tanto coches como camións sen perigo algún; e si é dando un rodeo, que iste non sexa excesivo.”.

O deputado do PSdeG dixo que “a solución ten que incluir o acceso para a parte baixa da aldea de Taramancos, que non quede dúbida. Non pode quedar ningunha vivenda aillada ou sen servizo”.

Acordo

Lage Tuñas convidou ao Partido Popular a buscar un acordo “e atopar unha solución evitando que ningunha vivenda quede aillada no núcleo de Taramancos”. O deputado do PSdeG, ademais de contar co apoio do seu grupo, PSdeG-PSOE, tamén acadou o apoio do BNG para establecer unha negociación co PP na citada comisión parlamentaria.

O deputado do PSdeG negociou un acordo co Partido Popular sobre a base da súa proposición non de lei e acadou un acordo que obtivo o respaldo dos tres grupos parlamentarios.

"O acordo impulsa a búsqueda dunha solución conxuntamente entre a Xunta e os veciños de Taramancos".

”Estarei vixiante para que agora a Xunta cumpla o acordo do parlamento nun prazo razonable” advirteu Lage Tuñas.

O TEXTO DO ACORDO parte da proposta do PSdeG-PSOE e foi votado polos tres grupos parlamentarios (PP, PSdeG-PSOE e BNG):

O parlamento de Galicia insta ao goberno galego a que (no desenvolvemento das obras da variante de Noia) busque unha solución consensuada cos veciños que posibilite que as vivendas dos veciños do núcleo de Taramancos (Noia) non queden ailladas e poidan seguir dispoñendo dunha vía de comunicación coa praia do Testal, e que compatibilice a mellora da mobilidade coa minimización do impacto sobre o patrimonio cultural.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar