O PSdeG considera “unha falta de respecto á cidadanía” o peche de camas e de prestacións sanitarias durante os meses de verán

O PSdeG considera “unha falta de respecto á cidadanía” o peche de camas e de prestacións sanitarias durante os meses de verán

O PSdeG considera “unha falta de respecto á cidadanía” o peche de camas e de prestacións sanitarias durante os meses de verán

Carmen AcuñaOs socialistas galegos consideran “unha falta de respecto á cidadanía” o peche de camas e de prestacións sanitarias durante os meses de verán. “É temerario pechar máis dun millar de camas, mentres a Xunta de Feijóo asegura que reducindo recursos garante a calidade asistencial”, afirma Carmen Acuña.

En resposta a unha comparecencia en comisión de Ramón Ares Rico, director xeral de Asistencia Sanitaria, a portavoz de Sanidade do grupo socialista, Carmen Acuña, considerou unha vez máis “unha burla” que a conselleira Rocío Mosquera vexa “necesario” pechar servizos cando “estamos a falar de superar amplamente o milleiro de camas”, o que en realidade anticipa o colapso dos servizos sanitarios.

A deputada socialista manifestou que “os profesionais sanitarios teñen dereito a vacacións, pero iso non pode ir en contra do dereito á atención sanitaria de calidade da cidadanía”. “Din que sempre se fixo o mesmo pero non é certo, menten como cando falan das listas de espera, desbordadas pero agochadas pola Xunta”, aseverou.

“As urxencias non se poden planificar e hai prestacións sanitarias que por lei teñen que estar sempre dispoñibles, pero non será así no verán polos recortes e a política sanitaria do PP”, engadiu Acuña. “Non só pechan camas nos hospitais coas urxencias colapsadas e as listas de espera disparadas, senón que tamén suprimen e anulan durante o verán consultas en Atención Primaria, e tanto de medicina como de enfermería ou pediatría durante horas e ata días no rural”, dixo.

A portavoz socialista explicou que “quen ten a obriga de cubrir as vacantes e de prever a atención sanitaria é precisamente o goberno galego”, que polo contrario está situando á sanidade pública nunha posición “crítica” pola súa “teima de desmantelar o Estado do Benestar para abrir a porta á privatización dos servizos públicos”.

Carmen Acuña rematou instando á Xunta a ter “apertura de miras” para “observar o que ve toda a cidadanía, que a calidade cada día deteriórase máis, suprímense servizos e prestacións, impóñense copagos, proliferan as protestas polas privatizacións e o malestar vai en aumento entre unha cidadanía que non se sinte mellor atendida, senón mais ben todo o contrario”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar