O PSdeG considera que o Centro de Recuperación Integral de mulleres vítimas de violencia de xénero constitúe un “novo chiringuito” que duplica os centros municipais

O PSdeG considera que o Centro de Recuperación Integral de mulleres vítimas de violencia de xénero constitúe un “novo chiringuito” que duplica os centros municipais

O PSdeG considera que o Centro de Recuperación Integral de mulleres vítimas de violencia de xénero constitúe un “novo chiringuito” que duplica os centros municipais

Carmen Acuña advirte que o goberno quere suplantar os centros dos concellos cun único centro ambulatorio “absolutamente insuficiente” en Santiago de Compostela

Esíxelle á secretaria xeral de Igualdade que participe na manifestación do próximo domingo contra unha reforma da Lei do Aborto que “quere machacar ás mulleres, especialmente ás vítimas de violencia de xénero”

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, dixo hoxe que o Centro de Recuperación Integral –CRI- para mulleres que sofren violencia de xénero constitúe un “chiringuito” de Feijóo que duplica os servizos prestados polos concellos. Así o dixo nunha pregunta oral na Comisión de Sanidade celebrada hoxe no Parlamento de Galicia.

Acusou ao goberno galego de constituír este centro “tarde e mal”, a través dun decreto aprobado o pasado 9 de xaneiro, cun retraso de seis anos, e cunhas funcións que veñen “suplantar” aos centros de información á muller dos concellos. Así, dixo, o decreto limita as funcións do CRI ás actuacións sociais, xurídicas e psicolóxicas para as vítimas que xa ofrecen nos concellos pero exclúen as cuestións laborais e económicas.

Acuña advirte así da preocupación dos concellos de que os servizos sexan suplantados por un único centro ambulatorio en Santiago de Compostela, e preguntoulle ao goberno “como van facer para atender axeitadamente a un rapaz que veña logo da escola dende O Barco de Valdeorras, con 2,5 horas de viaxe para chegar e outras tantas para volver, para que poida estar dispoñible e descansado para ir a clase ao día seguinte”.

Acuña criticou que a realidade é que o goberno galego prepara o camiño para “moitos mais recortes”, logo de ter reducido nun 80 por cento as partidas da Secretaría Xeral da Igualdade, que pasou de 60 millóns de euros en 2009 a ter 12,3 en 2014. Ademais, lembrou, o goberno de Feijóo reduciu nun 55 por cento o orzamento para os programas de prevención da violencia e a promoción da igualdade dos concellos.

Machacar ás mulleres

A responsable socialista reclamoulle á secretaria xeral de Igualdade que participe na manifestación convocada para o próximo domingo en contra da reforma da Lei do Aborto iniciada por Rajoy e apoiada por Feijóo e que vai “machacar ás mulleres, e ás vítimas e ás maltratadas especialmente”.

Acuña esixiulle ao goberno galego que explique “cómo pensa que vai repercutir a prohibición do aborto nas vítimas de violencia ou de trata de mulleres, que agora van ser maltratadas tamén polo goberno”.

Lembrou que a ONU sinalou en 1995 que os dereitos humanos das mulleres inclúen o dereito a decidir libre e responsablemente sobre as cuestións relativas á súa sexualidade, “incluída a saúde sexual e reprodutiva”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar