O PSdeG considera “lesivo, inxusto, inoperativo e contraproducente” que a Xunta culpabilice aos gandeiros dos lumes forestais

O PSdeG considera “lesivo, inxusto, inoperativo e contraproducente” que a Xunta culpabilice aos gandeiros dos lumes forestais

O PSdeG considera “lesivo, inxusto, inoperativo e contraproducente” que a Xunta culpabilice aos gandeiros dos lumes forestais

Pablo García alerta que os montes galegos son “un polvorín” logo de tres anos sen labores de prevención

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, cualificou hoxe de “lesivo, inxusto, inoperativo e contraproducente” que a Xunta “culpabilice aos gandeiros” dos lumes forestais. O responsable socialista criticou así a decisión da Xunta de incluír no Pladiga a penalización da gandería nas zonas que rexistren lumes forestais.

Pablo García sinalou que, “independentemente de quén sexa o responsable” do lume forestal e da titularidade dos terreos afectados, este ano os gandeiros deberán deixar de utilizar as terras queimadas durante tres anos e perderán as axudas da PAC nos lumes rexistrados nas zonas de alto risco. Dixo que este “feito sen precedentes” vulnera os dereitos deste colectivo e demostra a incapacidade e o descoñecemento do goberno.

O deputado socialista lembrou que os gandeiros son precisamente “o cortalumes natural” e un dos mecanismos mais eficaces para a ordenación do territorio e que, engadiu, deberan ser apoiados pola Xunta para aplicar unha loita contra o lume mais racional.

Lamentou que tanto a conselleira como o seu secretario xeral teñan confirmado que en lugar de “analizar as causas dos lumes e aplicar medidas de prevención específicas, completando as brigadas e de aplicar unhas medidas de prevención exhaustivas”, optan por “maltratar aos gandeiros”.

Polvorín

O responsable socialista sinalou que a conselleira do Medio Rural teña presentado o Plan de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de Galicia –Pladiga- como “un trámite mais” mentres “estamos sentados nun polvorín” logo de tres anos consecutivos sen aplicar labores de prevención. En lugar de limpar os montes, advertiu, “estiveron engordando cada ano unha bomba de reloxería”.

Advertiu que o goberno estea obrigando a retrasar a constitución das brigadas municipais ata primeiros de agosto, e sinalou que “comezar a facer prevención a primeiros de agosto é de locos”. Sinalou que a planificación da Xunta non inclúa un balance nin actuacións diferenciadas por distritos nin avaliación de riscos para así priorizar as actuacións e establece un dispositivo que “nin é mais operativo, nin é mais barato e é menos eficaz”.

Sinalou ademais que a Xunta deixará sen cubrir en torno a 300 vacantes do total de traballadores públicos que ten anunciado para a loita contra os lumes, “tal e como ven facendo nos dous últimos anos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar