O PSdeG considera “imprescindible clarificar as causas e depurar as responsabilidades” polo accidente de Angrois

O PSdeG considera “imprescindible clarificar as causas e depurar as responsabilidades” polo accidente de Angrois

O PSdeG considera “imprescindible clarificar as causas e depurar as responsabilidades” polo accidente de Angrois

Raúl Fernández esíxelle a Feijóo “cumprir cos afectados” polo sinistro e propiciar a Comisión de Estudo presentada polo Grupo Socialista

Os socialistas abstéñense no debate para crear unha Comisión de Investigación no Parlamento de Galicia ata que rematen os procesos de investigación internos

Accidente AlviaO portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, considerou hoxe “imprescindible clarificar as causas –do accidente de Angrois- para identificar os erros, corrixilos e depurar responsabilidades”. Interveu no debate da creación dunha Comisión de Investigación sobre o sinistro da que os socialistas se abstiveron por non ter rematado as investigacións internas.

Fernández sinalou que os gobernos central e autonómico teñen, dentro das súas competencias, “a obriga de explicar á sociedade as causas do accidente unha vez rematados os procesos de investigación internos”. Engadiu que as forzas políticas “temos a obriga de esixir a máxima celeridade nas investigacións, unha explicación exhaustiva dos erros, a depuración de responsabilidades e a aplicación de medidas correctoras”.

Explicou que os socialistas “demostramos prudencia dende o minuto 1 e queremos manter a mesma postura” ata o momento en que o resultado das investigacións en marcha “debe levar á concreción ou non dunha Comisión de Investigación, pero queremos saber a verdade e non queremos renunciar a nada para coñecer os resultados”.

Neste sentido, lembroulle ao presidente da Xunta que “os voluntarios e os profesionais xa cumpriron sobradamente como cidadáns, agora tócalle cumprir ao seu goberno prestando todo o apoio ás vítimas a nivel físico, psíquico e económico”. Esixiulle ademais colaboración plena coas investigacións abertas, co proceso xudicial aberto ou traballando co goberno central para mellorar a seguridade ferroviaria”.

Comisión de Estudo
O responsable socialista reclamoulle ao presidente do Goberno que propicie a creación dunha Comisión de Estudo presentada polo Grupo Socialista “para avaliar a resposta” dada polo goberno galego dentro das súas competencias de xestión de emerxencias, protección civil ou atención sanitaria.

Neste sentido, apuntou que “non parece que a comparecencia express do conselleiro Rueda aportara datos, xa que resultou incompleta”, motivando unha batería de iniciativas socialistas “para recadar información sobre a actuación do goberno”.

Engadiu que, mentres, o Ministerio de Fomento debe explicar as condicións de circulación do tren, a Xunta debe dar conta da súa xestión do sinistro e as súas consecuencias. Lembrou que actualmente hai varias liñas de actuación sobre o sinistro tanto en Fomento como Adif ou Renfe, mentres a semana pasada foi constituída no Congreso unha Comisión de Estudo sobre a seguridade ferroviaria.

Vítimas
Puntualizou que a investigación do sinistro “non pode ser allea ao espírito das vítimas” ás que “lles debemos que a investigación e o debate non se convertan nunha sobreactuación que os volva converter en vítimas ou nun silencio que os humille”.

Rexeitou así “sobreactuacións” dirixidas a “manipular ás vítimas”, como cando Feijóo dixo en 2007 que “con nosotros no moría gente en los incendios, con ellos cuatro personas”, en alusión á vaga de lumes de 2006, e subliñou que “nunca botaremos os mortos á cara de ningún goberno”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar