O PSdeG conmemora o Día das Mulleres Rurais cunha xornada sobre a violencia de xénero no rural galego

O PSdeG conmemora o Día das Mulleres Rurais cunha xornada sobre a violencia de xénero no rural galego

O PSdeG conmemora o Día das Mulleres Rurais cunha xornada sobre a violencia de xénero no rural galego

xuntanza_igualdadeA secretaria de Igualdade do PSdeG, Eva Martínez, presentou unhas xornadas pola celebración do Día Internacional das Mulleres Rurais coas que se pretende sacar a luz e debater un dos principais problemas da sociedade en xeral e do rural dun xeito particular e especialmente preocupante: a violencia de xénero.

Día das mulleres rurais: a violencia de xénero no rural galego é o nome destas xornadas, que se desenvolverán durante a tarde do martes día 20 no Hotel Puerta del Camino de Santiago, e que contarán coa presenza da secretaria de Igualdad da CEF do PSOE, Carmen Montón, encargada de inauguralas, e do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro. Ademais, está prevista a participación de expertas independentes na violencia de xénero no eido rural.

Así, como informou Martínez, a presidenta de Fademur-Galicia, Rosa Arcos, pronunciará a conferencia A violencia invisibilizada, e a continuación haberá unha mesa redonda na que, baixo o título Como se vive e se convive coa violencia de xénero no rural? Como combatela?, participarán Rosana Izquierdo (coordinadora do grupo de Violencia de Xénero da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria –AGAMFEC-), María Isabel Pereira (facultativa especialista da área de Psiquiatría da Xerencia Integrada de Santiago de Compostela), e Verónica Marcos (secretaria de Igualdade de Unións Agrarias). Mentres que Martínez presentará a primeira charla, a mesa redonda estará conducida pola deputada e voceira de Igualdade do grupo parlamentario socialista, Carmen Acuña.

A secretaria de Igualdade, que tamén presentou o manifesto elaborado polo partido co gallo desta conmemoración, destacou que arredor de 420.000 mulleres viven no rural galego, nomeadamente nos 258 concellos con menos de 10.000 habitantes. “E hoxe queremos reivindicar os seus dereitos; uns dereitos xeralmente mermados pola especial discriminación e machismo que pervive no eido rural”, manifestou Martínez, para a que un dos principais retos é a visibilización das mulleres “con todo o que iso conleva a nivel laboral, familiar e social”.

Finalmente, anunciou que o mesmo martes 20, Carmen Montón, xunto coa secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, participarán nunha reunión na sede nacional socialista con concelleiras de Muller e Igualdade e secretarias locais e provinciais de Igualdade, para falar da rede integral municipal de loita contra a violencia de xénero que defenden as e os socialistas e para concretar políticas e accións comúns. Este encontro de traballo comezará ás 11.30 horas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar