O PSdeG condiciona o apoio as propostas da Xunta para o naval a que abandonen a confrontación co Goberno central

O PSdeG condiciona o apoio as propostas da Xunta para o naval a que abandonen a confrontación co Goberno central

O PSdeG condiciona o apoio as propostas da Xunta para o naval a que abandonen a confrontación co Goberno central

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Luis Méndez Romeu, ofreceu o respaldo dos socialistas galegos ás medidas da Xunta para o naval “baixo a condición de que se entendan como propostas de cooperación e diálogo e non de confrontación”.

Méndez Romeu rexeitou ofrecer un “aval para confrontar permanentemente co goberno de España” nunha estratexia “condenada ao fracaso” xa que o sector “só pode subsistir si existe vontade de cooperación”. O responsable socialista enviou hoxe “unha mensaxe de responsabilidade” a pesares de que “poderiamos desgranar as razóns para dicirlle ao conselleiro que as súas propostas son extemporáneas e están fora de lugar”.

Reclamou que a Xunta presente as súas propostas “como adición aos supostos que fai o Goberno de España” e realice un “esforzo de aproximación e diálogo cos órganos do sector naval e os demais sectores implicados”. Dixo que a Xunta debe manter unha “posición proactiva” no caso da liquidación do Pymar creando un fondo de garantías propio “sen prexuízo de que reclame as axudas do Estado”.

Advertiu así que o sector do naval no Estado “subsiste porque hai un grao de cohesión que compre manter entre os estaleiros, as autonomías e o goberno central con puntos de encontro habituais”. Instou á Xunta a respectar a estratexia de Zapatero de cooperación con Bruxelas evitando a confrontación xurídica, a defensa da interpretación vixente sobre a legalidade do tax lease e o rexeitamento da análise en contra feita pola Comisión.

Confrontación
Méndez Romeu criticou que o conselleiro teña decidido presentarse hoxe no Parlamento logo de dous meses “sementando a confrontación e a confusión co goberno de España” e preguntou polas súas xestións dende que se coñeceu a problemática dos tax lease en primavera de 2010. Preguntou así si a Xunta se preocupou de establecer canles de diálogo co Goberno, co Ministerio de Industria ou a Comisión Europea.

Reclamou así que explique “si foi utilizada a diplomacia paralela da que se gaba o presidente da Xunta para mellorar a situación dos estaleiros ou se trata dunha mera situación declarativa”. Lembrou que ademais das “entrevistas co Ministerio houbo cartas do propio ministro pedíndolle mesura nas declaracións do conselleiro” e recriminándolle que cualificara o tax lease de “axudas”, prexudicando as negociacións con Bruxelas.

Igape
O parlamentario socialista lamentou que o conselleiro teña rexeitado comparecer pola situación do Igape logo de pasar os últimos dous meses sen cúpula directiva logo da súa imputación acusados de fraude fiscal, alzamento de bens ou branqueamento de capitais. Advertiu que a Xunta eludiu dar explicacións e tomar medidas mais alá de decidir a súa suspensión de contrato, o que “constitúe fraude de lei”.

Méndez Romeu sinalou que o Estatuto dos Traballadores determina a suspensión do contrato non é aplicable nin a persoal directivo nin a altos cargos que “deben estar en activo ou cesados, non hai unha posición intermedia”. Dixo que “a doutrina Camps de manter incólumes aos implicados non aporta nada positivo á opinión pública nin ofrece tranquilidade ao adminsitrado”.

Sinalou que “esixiremos explicacións pola situación do Igape porque non se trata da honorabilidade do funcionario co salario máis alto da administración autonómica” senón que afecta ao principal órgano impulsor da actividade económica da Comunidade Autónoma. Engadiu que “terán que vir a dar explicacións do que ocorreu e o que esstá a ocorrer e terán que rectificar por ter un traballador en fraude de Lei”.

Advertiu que o conselleiro tamén rexeitou comparecer para explicar o Plano de I+D que “non resistiría unha somera análise” e “tampouco dixo nada nin sobre a caída de 30.000 empregos industriais en menos de dous anos –un 14 por cento, 3 puntos por riba do Estado- nin sobre a caída dos índices de produción industrial”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar