O PSdeG condena os ataques "homófobos e intolerantes" na ´Bicada contra a Violencia' celebrada onte na Coruña

O PSdeG condena os ataques "homófobos e intolerantes" na ´Bicada contra a Violencia' celebrada onte na Coruña

Pilar Cancela reclama que “os responsables sexan identificados” porque “este tipo de actos non poden quedar impunes”

A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, traslada a “absoluta condena e repulsa” dos socialistas contra os ataques “homófobos e intolerantes” que sufriron onte os participantes na 'Bicada contra a violencia' convocada polo colectivo ALAS Coruña precisamente para denunciar os últimos casos de discriminación sufridos polo colectivo LGTB.

A socialista reclama ademais “que os responsables destes actos repugnantes sexan identificados polas forzas da orde e se lles aplique a lei”, despois de lanzar ovos aos participantes nun acto “contra a violencia e a intolerancia” no que “se desmostrou unha vez máis a necesidade de seguir a defender a ultranza a igualdade fronte a persoas que non son dignas de pertencer a unha sociedade democrática e civilizada”.

Desde o PsdeG inciden en que “este tipo de actos non deben quedar impunes nin ser tratados como unha anécdota”, e lembran como exemplo que onte mesmo unha parella de homosexuais foi expulsada dunha cafetería en Granada por collerse da man.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar