O PSdeG condena o intento de atentado que sufriu a sucursal de NCG e felicita a Policía Nacional pola súa intervención

O PSdeG condena o intento de atentado que sufriu a sucursal de NCG e felicita a Policía Nacional pola súa intervención

O PSdeG condena o intento de atentado que sufriu a sucursal de NCG e felicita a Policía Nacional pola súa intervención

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez,  expresou hoxe o “máis absoluto rexeitamento dos socialistas galegos” ás accións violentas como a que se levou a cabo esta noite nunha sucursal de NCG, en Vigo, e felicitou a Policía Nacional pola súa intervención

Neste senso Vázquez, reiterou “a enérxica e contundente condena do socialismo galego a calquera acto de violencia” e reclamou “permisividade  cero” cos violentos.  Ademais, o líder dos socialistas expresou o apoio incondicional  para cos traballadores de NCG xa que “a pesar de que o artefacto explosivo foi desarticulado a tempo, puido causar graves danos” .

Vázquez advertiu que este tipo de accións lonxe de atemorizar, indignan e dan forza para seguir a traballar pola Galicia que queremos, como estamos a facer todas as forzas políticas, cada unha defendendo as súas ideas, a través de canles democráticos”. “En Galicia hai canles democráticos para debater, opinar e aportar solucións, pero non hai espazo para que grupos minoritarios e marxinais realicen accións deste tipo”,  reiterou o responsable socialista.

Pachi Vázquez  recalcou que “a cidadanía e as administracións públicas temos que poñer todo o noso empeño para que estes grupos minoritarios queden marxinados na nosa sociedade”, e  avogou por “utilizar as canles democráticas para defender as ideas”.

O líder dos socialistas galegos fixo un chamamento ao conxunto da sociedade, ás forzas políticas e aos corpos de seguridade “para traballar todos xuntos pola democracia” e reclamou “tolerancia cero cos grupos radicais”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar