O PSdeG compartirá de forma inminente con todos os grupos parlamentarios a súa proposta para a reforma do Parlamento

O PSdeG compartirá de forma inminente con todos os grupos parlamentarios a súa proposta para a reforma do Parlamento

O PSdeG compartirá de forma inminente con todos os grupos parlamentarios a súa proposta para a reforma do Parlamento

Méndez Romeu acusa ao PP de tender “cortinas de fume” para tapar o fracaso na loita contra o desemprego, o naval ou NGB

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo hoxe que o PSdeG compartirá de forma inminente con tódolos grupos parlamentarios a súa proposta para a reforma do Parlamento. Esta iniciativa, dixo, está dirixida a “mellorar o funcionamento das institucións democráticas que non fuxa do debate nin o control ao goberno e que incida na prevención da corrupción”.

O responsable socialista anunciou unha “alternativa construtiva” á proposta de Feijóo “que manteña a representación dos cidadáns” ao tempo que mellora os mecanismos de funcionamento institucional “na liña que o secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, lle trasladou a Feijóo hai dous meses e que o presidente non quixo escoitar”.

Advertiu que a proposta presentada polo PP inicia o seu trámite “sen ningún consenso” logo de que Feijóo “desbotara calquera acordo que puidera permitir mellorar a calidade da representación democrática, da vida política e das institucións galegas”. Feijóo, dixo, “opta exclusivamente pola redución do número de escanos que descaradamente beneficia ao grupo maioritario da Cámara” e prexudica nomeadamente aos socialistas galegos.

Méndez Romeu explicou que o “pretendido aforro orzamentario” sobre o que se sustenta a proposta de Feijóo “significa unha diezmilésima parte do conxunto do orzamento de Galicia para catro anos”. Este aforro “mínimo simbólico” en realidade “pode ser superado efectivamente con outras medidas, e dende logo é superado ano a ano pola política de contención do Parlamento de Galicia”.

Cortina de fume e paro

O responsable socialista puntualizou que a realidade desta proposta é que constitúe unha “cortina de fume” para tapar o “fracaso absoluto do goberno de Feijóo na loita contra o desemprego, no impulso da industria naval ou o mantemento do tecido financeiro galego”.

Explicou así que, de acordo cos datos do desemprego coñecidos hoxe, a realidade é que “en Galicia a afiliación á Seguridade Social continúa baixando mesmo cando no conxunto do Estado rexistra un lixeiro repunte”. Esta situación indica que “os desempregados galegos xa non están interesados en apuntarse nas oficinas do Inem”.

O resultando, dixo, é “un fenómeno de baixada aparente dos desempregados como consecuencia das xubilacións e como consecuencia da emigración, sobre todo das persoas novas”. Dixo que “o certo é que en Galicia cada vez somos menos persoas activas” e dixo que “un país nestas condicións non ten futuro”, mentres o goberno de Galicia demostra que “non está interesado en reverter a situación” malia ás propostas “insistentes” dos socialistas galegos.

Corrupción

O responsable socialista advertiu que “a día de hoxe os grupos parlamentarios aínda non coñecemos eses datos do financiamento das empresas que contratan coa Xunta de Galicia e que aparecen no sumario da trama Gürtel, o goberno négase aínda hoxe, a 3 de xaneiro, a que os grupos coñezan a documentación necesaria”.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. josè luis
    Xaneiro 3, 2014 a 15:50

    Seria posible que algun dia escucharan ustedes lo que dicen las bases y los afiliados y los votantes del psg-psoe, pues creo que no les estais escuchando ni os inporta un bleno lo que decimos ni lo que proponemos ,nuestras esplicacion son el silencio por parte de ustes y me remito a escritos echos por mi a su portal y ya vemos las consecuencia de la no atencion que es una inpatia de los votantes del psoe galego hacia ustedes porque se siente solo y abandonado a su suerte por su partido y asi nos vaen las encuesta no del estado sino personales ya que estoy en una agrupacion ,por fabor no se sientan obligados a contestarme ya que ya estoy acostumbrado pero si lo hacen se lo agradeceria gracias compañeros

Deixar a resposta

Pechar