O PSdeG combaterá a reforma laboral nas institucións e sumaráse ás manifestacións do 29M

O PSdeG combaterá a reforma laboral nas institucións e sumaráse ás manifestacións do 29M

O PSdeG combaterá a reforma laboral nas institucións e sumaráse ás manifestacións do 29M

A secretaria de coordinación de Promoción Económica e Emprego do PSdeG, Carmen Gallego, avanzou hoxe que os socialistas galegos combaterán a reforma laboral do Goberno do PP tanto nas institucións locais, autonómica e estatal como nas rúas, sumándose aos cidadáns nas manifestacións da folga xeral do vindeiro día 29.

Adiantou así que o PSdeG participará activamente nas manifestacións nas vilas e cidades galegas, e que naquelas institucións nas que ten capacidade de decidir non haberá actividade para que os traballadores poidan exercer o seu dereito á folga.

Gallego tamén sinalou que continuarán a traballar no Parlamento galego e no Congreso para que o PP non leve adiante unha reforma laboral “inxusta, que retrotrae os dereitos dos traballadores á predemocracia, que elimina o equilibrio da negociación colectiva e deixa aos traballadores sen defensa nin dereitos ante os despedimentos”.

Criticou que esta reforma ten “consecuencias demoledoras” para os traballadores e traballadoras, ao permitir despedir sen causa xustificada a unha persoa que leve 20 anos con contrato indefinido e cunha indemnización de 20 días por ano, ou a un traballador que teña en dous meses dúas baixas por enfermidade que sumen nove días.

Lembrou que tamén permite baixar o salario e cambiar as condicións laborais alegando razóns económicas, técnicas, organizativas ou de producción, e que o empresario impoña horas extras nos contratos a tempo parcial.

Sinalou que a posibilidade de despedir a persoal das administracións públicas suporá que ao redor de un millón de traballadores e traballadoras en toda España queden no paro.

A socialista criticou que o empresario poida deixar de aplicar o convenio colectivo, e que est

a reforma é especialmente lesiva para as mulleres, xa que condiciona o seu dereito a xornada reducida por coidado de familiares e limita e condiciona o dereito a permiso de lactancia.

“Nunca antes se deu amparo legal a estas situación, e nunca en democracia se deixara tan indefensos aos traballadores como con esta reforma”, sentenciou.

Por elo, avanzou que ademais de continuar presentando iniciativas no Parlamento Galego, que inclúen a pregunta que o secretario xeral, Pachi Vázquez, realizará a Feijóo na sesión de control, os socialistas presentarán emendas á totalidade no Congreso e levarán esta reforma ante o TC por atentar contra a negociación colectiva e contra as relacións entre empresarios e traballadores”.

Resultados Asturias e Andalucía
Por outra parte, Gallego felicitou aos candidatos socialistas de Asturias e Andalucía polos resultados obtidos nas eleccións. No caso de Andalucía, valorou que o PSOE “resiste, a pesar de que todo apuntaba ao contrario, porque os electores xa empezaron a darse conta de como goberna a dereita e de que os seus recortes só afectan aos que máis axuda necesitan”.

Preguntada ao respecto de si este resultado por influír nun adianto electoral en Galicia, considerou que o PP debe “debe tomar nota” e darse conta de que “as políticas en tempos de crise deben estar pensadas para amparar os dereitos das persoas, e non centradas en recortes e austeridade mal entendida”.

Avogou así por saír da crise “xerando ingresos mediante impostos ás rendas altas e á banca, e non recortando dereitos e servizos públicos”.

Sinalou que “un goberno con maioría absoluta non ten ningunha xustificación para adiantar as eleccións polo resultado doutra comunidade”, polo que un adianto en Galicia suporía “o recoñecemento implícito de Feijóo de que ten un goberno e un modelo fracasado”.

A pesar disto apuntou que “sabendo que o PP só xoga ao ventaxismo político e pensa máis no que lle convén ao seu partido, os socialistas galegos estamos preparados para afrontar as eleccións cando Feijóo decida convocar”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar