O PSdeG coa pesca galega

O PSdeG coa pesca galega

O PSdeG coa pesca galega

Os socialistas galegos amosaron hoxe o seu respaldo “sen fisuras” á manifestación na defensa do sector do mar que se celebrará mañá sábado en Santiago de Compostela. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, encabezará a delegación socialista que acudirá á protesta.

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, advertiu hoxe que a protesta suporá unha mensaxe “alta e clara” dirixida ao presidente da Xunta, “para que entenda que non se pode xogar coa xente do mar, un sector que está cansado de sete anos de mentiras e de xestión en contra dos seus intereses”.

Os socialistas galegos participan nesta protesta contra a Lei de Acuicultura, a xestión do cerco ou a situación da pesca artesanal, na que todo un sector fundamental para a economía de Galicia constitúe o exemplo vivo das consecuencias dunha política letal do goberno galego.

A pesca galega sufriu en sete anos, explicou, un descenso brutal dos ingresos e unha nula xestión das competencias propias no marisqueo e a pesca artesanal” por parte dun goberno que se ten demostrado “incapaz á hora de acadar un reparto das cotas de pesca máis beneficioso para Galicia”.

Lei de Acuicultura

A pretendida retirada da Lei de Acuicultura, dixo, é o colofón dun proceso “delirante” que, dixo, “ten como único remate aceptable a dimisión dunha conselleira que demostrou que goberna contra o sector”. O presidente da Xunta, engadiu, “debe entender que non se pode xogar coa xente do mar intentando enganalos” cunha Lei anunciada como instrumento para a modernización do sector e a defensa das mariscadoras.

A realidade, explicou, é que teñen que retirar o texto logo da contestación unánime do sector contra unha norma que non resolve o problema do espazo en terra para os produtores de rodaballo, linguado e outras especies, e resulta inútil para modernizar a pesca artesanal, o marisqueo e os cultivos mariños.

A norma é percibida como o instrumento para “converter a ocupación do espazo marítimo no privilexio duns poucos”, e resulta “farragosa nos seus contidos, excesivamente regulamentista e foi elaborada de costas ao sector”.

Un lamentable intento, subliñou, dun goberno agónico que intenta agochar que hai sete anos paralizou un Plan de Acuicultura elaborado polo Goberno de Touriño en colaboración co sector e que dende entón non foi quén de aprobar un só metro cadrado de piscifactorías nas costas de Galicia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar