O PSdeG chegará nesta Semana Santa aos 200 actos realizados dende que iniciou o proceso de elección de candidatos

O PSdeG chegará nesta Semana Santa aos 200 actos realizados dende que iniciou o proceso de elección de candidatos

O PSdeG chegará nesta Semana Santa aos 200 actos realizados dende que iniciou o proceso de elección de candidatos

O PSdeG-PSOE desenvolverá esta Semana Santa un total de 13 actos de presentación de candidaturas nas catro provincias galegas, nos que participarán o secretario Xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, os ministros galegos Francisco Caamaño e José Blanco, así como cargos da Executiva do PSdeG, entre eles o secretario de Organización, Pablo García, ademais de deputados autonómicos e nacionais e senadores.

Dende que arrancou o proceso de elección de candidatos, o pasado mes de marzo, o PSdeG celebrou xa máis de 200 actos, tanto para a presentación de candidatos e candidaturas como para a elaboración do seu programa. Este mes de abril os socialistas galegos intensificaron a súa actividade coa presentación de candidaturas nas catro provincias todas as semanas, e con máis dunha ducia de actos cada fin de semana.

O secretario Xeral do PSdeG, que esta semana presentou as candidaturas do Carballiño, A Rúa e Maceda, participará o sábado, xunto ao vicesecretario xeral do PSOE e ministro de Fomento, José Blanco, na presentación da candidatura de A Illa de Arousa.

Tamén o sábado, José Blanco presentará a candidatura de Fene, e o domingo a de Paradela. Pola súa parte, o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño tamén estará en Galicia para presentar as candidaturas de Cee e Ribeira, o vindeiro domingo.

Ao longo da fin de semana tamén participarán na presentación de candidaturas o secretario de Organización, Pablo García, así como os secretarios provinciais e deputados e senadores nas súas respectivas provincias.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar