O PSdeG chama ao consenso para aprobar unha nova Lei do Solo que sexa un “instrumento de revitalización” económica e social

O PSdeG chama ao consenso para aprobar unha nova Lei do Solo que sexa un “instrumento de revitalización” económica e social

O PSdeG chama ao consenso para aprobar unha nova Lei do Solo que sexa un “instrumento de revitalización” económica e social

Valentín González Formoso preside a constitución dun grupo de traballo de alcaldes e portavoces socialistas para “poñer ideas enriba da mesa” de cara á redacción da nova Lei

O secretario de Política Municipal do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, chamou hoxe ao consenso de tódalas forzas políticas para que o debate da futura Lei do Solo que vén de comezar no Parlamento remate cun texto de consenso. O responsable socialista instou a construír un “instrumento de revitalización que axude a saír da crise e loitar contra a lacra da caída demográfica”.

O responsable socialista presidiu a constitución dun Grupo de Traballo de alcaldes e portavoces socialistas dirixido a “poñer ideas enriba da mesa” para “aportar un modelo de carácter construtivo”. Sinalou que a norma debe constituír un “elemento que perviva a moitos gobernos e que sexa útil para a Galicia do interior e da costa, do rural e do urbano” e “evitar que a sociedade galega vexa as súas expectativas frustradas, como sucedeu coa Lei anterior, aprobada polo PP.

Coincidindo co comezo dos traballos para a elaboración da Lei do Solo no Parlamento, os socialistas galegos chamaron a “resolver erros históricos” con esta normativa. González Formoso lembrou neste sentido que a actual Lei en vigor foi aprobada polo goberno de Fraga un 31 de decembro de 2002, “con nocturnidade e alevosía”, provocando que os galegos e galegas tiveran que asumir unha normativa que mesmo descoñecían.

O responsable socialista chamou así á responsabilidade das restantes forzas políticas para acadar un espírito real de consenso e alonxar o debate desta norma da confrontación partidaria. Explicou que “en cuestións básicas de país, como é o caso da reforma do Parlamento ou da Lei do solo, a oferta de consenso debe ser real”.

Engadiu que “hai moitos campos onde podemos non estar de acordo, pero temos a responsabilidade de crer no consenso e aplicalo”, para o que demandou “transparencia e luz pública á hora de aportar ideas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar