O PSdeG chama a "rectificar" a política forestal "errada" do PP e avoga por "retomar e reforzar" medidas iniciadas por Touriño

O PSdeG chama a "rectificar" a política forestal "errada" do PP e avoga por "retomar e reforzar" medidas iniciadas por Touriño

O PSdeG chama a “rectificar” a política forestal “errada” do PP e avoga por “retomar e reforzar” medidas iniciadas por Touriño

Leiceaga ve a comisión forestal como “unha oportunidade” para selar “un consenso” que é “básico” para conseguir que haxa inversión no monte galego 

 

Santiago, 30 de xullo de 2018. O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, chamou este luns a “rectificar” a política forestal “errada” que puxeron en marcha os distintos gobernos conservadores en Galicia e “retomar e reforzar” as medidas iniciadas durante a etapa de Emilio Pérez Touriño á fronte da Xunta.

 

Neste sentido, na véspera de que se aprobe o ditame da comisión parlamentaria sobre os lumes forestais, Leiceaga profundou en que as súas conclusións poñen de manifesto que “non houbo terrorismo incendiario”, en contra do dito por Feijóo, e en que en Galicia “non hai” ordenación forestal e “non funcionou” a concentración.

 

Así é que o voceiro socialista fixo fincapé en que hai “rectificar” e, fronte ao feito ata o de agora, hai que seguir a senda de mobilizar “máis medios e recursos” para a concentración produtiva das terras e de “profesionalizar o combate contra o lume, eliminando as brigadas municipais, que adolecen xustamente” desta característica.

 

Por tanto, Leiceaga apelou a aproveitar para “seguir falando” e buscando un acordo sobre o ditame da comisión, pois supón “unha oportunidade” para que se peche “un consenso” que é “básico”. “A rendibilidade do monte vese a moitos anos. A quen imos convencer para investir se cambiamos a lei cada cinco anos?”, formulou.

 

ASUNTOS PENDENTES

 

Tal e como explicou o portavoz parlamentario do PSdeG, existe “unanimidade” en máis dun 80% das propostas de recomendación formuladas pola comisión, se ben aínda existen “discrepancias” en certas cuestións.

 

Ao fío disto, apuntou que boa parte das 100 medidas presentadas polos socialistas foron tidas en conta, como a regulación das plantacións de eucalipto ou a promoción da figura do silvicultor activo, pero non ocorreu o mesmo coas relativas ao dispositivo de extinción de incendios.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar