O PSDEG CENTRARÁ A CAMPAÑA “NOS CONTIDOS” FRONTE A UN PP QUE “PON TIRITAS NAS FONDAS FERIDAS QUE TEN GALICIA”

O PSDEG CENTRARÁ A CAMPAÑA “NOS CONTIDOS” FRONTE A UN PP QUE “PON TIRITAS NAS FONDAS FERIDAS QUE TEN GALICIA”

O PSDEG CENTRARÁ A CAMPAÑA “NOS CONTIDOS” FRONTE A UN PP QUE “PON TIRITAS NAS FONDAS FERIDAS QUE TEN GALICIA”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou hoxe en Santiago que os socialistas galegos centrarán a campaña electoral “nos contidos”, fronte a un Partido Popular que “pon tiritas nas fondas feridas que ten Galicia”.

Nunha rolda de prensa posterior á primeira reunión do comité electoral nacional galego do PSdeG, Leiceaga manifestou que os socialistas xa tiveron unha primeira comunicación co Partido Popular para a celebración dun “debate a dous” con Feijóo.

“É importante que os galegos poidan confrontar os dous camiños posibles, as diferenzas entre as políticas do PP de Feijóo, que levaron Galicia cara abaixo, e a política alternativa que defendemos os socialistas para recuperar Galicia”, apuntou o candidato do PSdeG. O comité electoral está presidido por Pilar Cancela e José Manuel Lage Tuñas será o coordinador xeral da campaña.

“Faremos unha campaña mobilizadora, con presenza nos diferentes territorios e o apoio dos case cen alcaldes e 1.040 concelleiros que temos os socialistas galegos, unha campaña con moita presenza na rúa para mobilizar o noso electorado”, afirmou Leiceaga.

“Temos pouco tempo e queremos trasladar a nosa mensaxe, cunha proposta centrada na economía, o emprego e a recuperación dos servizos básicos esenciais”, dixo o candidato socialista, que criticou de novo “a tómbola do PP, que utiliza os recursos públicos para facer campaña unha vez que xa están convocadas as eleccións”.

“Fronte os recortes, o retroceso e a parálise” das dúas últimas lexislaturas, o PSdeG vai as eleccións “cun proxecto de país, centrado nas persoas e deixando atrás as políticas desenvolvidas pola Xunta nos últimos anos”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar