O PSdeG censura que a Xunta se opoña ás melloras laborais dos profesores avanzadas polo ministerio

O PSdeG censura que a Xunta se opoña ás melloras laborais dos profesores avanzadas polo ministerio

O PSdeG censura que a Xunta se opoña ás melloras laborais dos profesores avanzadas polo ministerio

O secretario de Educación reprocha a Rodríguez falar de “eu invito e ti pagas” despois de ter aumentado as horas lectivas dos docentes para cadrar as contas

 

Santiago, 31 de xullo de 2018. O secretario de Educación do PSdeG, Luis Álvarez, lamentou este martes que a Xunta se opoña ás melloras laborais dos profesores propostas polo goberno que encabeza Pedro Sánchez na conferencia sectorial.

 

É máis, utilizando a expresión utilizada polo conselleiro de Educación, sobre que o plantexamento do Ministerio é “eu invito e ti pagas”, o dirixente socialista criticou que o goberno galego teña utilizado aos docentes “para cadrar as súas contas”.

 

Como recordou Luis Álvarez, o que ten feito a Xunta é “impoñer máis horas lectivas” aos profesores “coa mesma retribución, ou con menos”, como vía para conter o déficit a costa dos servizos públicos.

 

“É hora de reverter esta situación”, profundou o secretario de Educación do PSdeG, quen valorou que o ministerio poña fin a uns “recortes” que supuxeron “perda de empregos públicos e masificación nas aulas” a través do aumento da ratio de alumnos por profesor.

psdeg

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar