O PSdeG censura os recortes do PP en violencia de xénero e reforzan o seu compromiso para evitar retrocesos nos avances acadados contra esta lacra

O PSdeG censura os recortes do PP en violencia de xénero e reforzan o seu compromiso para evitar retrocesos nos avances acadados contra esta lacra

O PSdeG censura os recortes do PP en violencia de xénero e reforzan o seu compromiso para evitar retrocesos nos avances acadados contra esta lacra

O PSdeG censura os recortes do PP en violencia de xénero e reforzan o seu compromiso para evitar retrocesos nos avances acadados contra esta lacra

Os socialistas, a través dun manifesto e de mocións en todos os concellos, denuncian que Rajoy e Feijóo pretenden rematar coa atención ás vítimas de violencia de xénero e as políticas de prevención emanadas dos municipios

O PSdeG non vai permitir que se poña freo ou se dea marcha atrás a unha loita iniciada durante os gobernos socialistas a nivel executivo e lexislativo, e continuará traballando para rematar coa violencia contra a muller

A Executiva do PSdeG-PSOE aprobará o vindeiro luns, día 25, un manifesto co gallo da conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller baixo o lema Non máis recortes, si máis prevención.

Os socialistas presentarán tamén mocións en todos os concellos demandando ao Goberno de España e á Xunta que muden os seus Orzamentos para 2014 incrementando as partidas relativas a potenciar a igualdade e a loitar contra esta auténtica lacra da nosa sociedade. Esixen tamén que se manteña e incluso potencie a prevención da violencia de xénero, nomeadamente na adolescencia e mocidade ou no entorno rural.

Reclaman ao Goberno do Estado que modifique a Reforma da Administración Local e devolva as competencias e, cando así proceda, os recursos económicos necesarios, ás administracións locais para que poidan desenvolver as súas accións de prevención, loita e atención ás vítimas de violencia de xénero, garantindo a permanencia dos Centros de Información á Muller. Demandan que non suprima a materia de Educación para a Cidadanía como ferramenta fundamental á hora de educar nos valores da igualdade e o respecto así como potenciar as actividades en prol da igualdade nos centros de ensino.

A inicitiva municipal socialista compromete aos gobernos locais a accións de prevención naqueles ámbitos nos que se teña detectado unha maior vulnerabilidade. Desenvolver programas nas dependencias municipais, a través de actividades de formación e participación de mulleres e homes, así como de nenos e nenas.

A través das mocións e o manifesto, os e as socialistas reforzan o seu compromiso por erradicar esta barbarie, que leva provocado 700 mortes en España nos últimos 10 anos e denuncian que, pola contra, non sexa unha prioridade das Administracións gobernadas polo PP, que somete á loita contra a violencia sobre as mulleres ós mesmos duros e dramáticos recortes que no resto de partidas, a maioría no eidos social, sanitario e educativo.

O manifesto, elaborado durante unha xuntanza mantida pola secretaria de Igualdade, Eva Martínez Montero, coas responsables provinciais deste área, censura que a redución do orzamento da Delegación do Goberno da Violencia de Xénero teña superado o 28% dende a chegada do PP ao Goberno do Estado.

Non se teñen respectado todos os indicadores –número de denuncias e índice de retirada das mesmas, así como número de asasinatos sen denuncia, no que vai de ano máis dun 80%- que chaman á alarma, “o certo é que a resposta do Partido Popular son máis de 8,5 millóns de euros menos que en 2011”, argumentan.

Critican que a Xunta de Galicia, lonxe de suplir estas drásticas decisións estatais, presente uns Orzamentos para 2014 co maior recorte en Políticas de Igualdade dende o ano 2009, pasando do 0,5% do total de 2009 ao 0,12% previsto para o vindeiro exercicio.

As políticas de prevención debe converterse nun obxectivo prioritario á hora de poñer freo a uns datos que non invitan precisamente ao optimismo. Os e as socialistas recriminan á dereita que estea a minimizar as políticas preventivas en violencia de xénero.

As actuacións para a prevención integral neste eido impulsadas polo Goberno central baixaron un 1,54% con respecto a 2013 e un 28% dende a chegada de Mariano Rajoy. No caso de Galicia, practicamente suprimen a partida para a dinamización da igualdade no eido local, pasando de 501.141 euros a unicamente 150.000 euros. O Goberno de Feijóo eliminou a partida de 200.000 euros para a loita contra a violencia no ámbito universitario.

Xunto coa prevención, as accións impulsadas polas administracións locais están a ser anuladas por parte dos Gobernos do PP. Os socialistas advirten do risco de que esta usurpación de competencias e recursos aos Concellos coa aplicación da Reforma da Administración Local.

O PSdeG-PSOE comprométese a “non permitir que se poña freo, ou incluso se dea marcha atrás a unha loita iniciada durante os gobernos socialistas a nivel executivo e lexislativo, e traballará como sempre fixo, tanto no goberno como na oposición, para rematar dunha vez por todas con esta lacra”.

Ademais de esixir o cumprimento da Lei Integral contra a Violencia de Xénero, os socialistas utilizarán todos os mecanismos que estean ao seu alcance para esixir ao Partido Popular que mude as súas políticas de recorte neste eido porque a violencia de xénero non se combate sen recursos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar