O PSdeG censura aos populares que rexeiten que as familias non tributen a facenda pola dación en pago

O PSdeG censura aos populares que rexeiten que as familias non tributen a facenda pola dación en pago

O PSdeG censura aos populares que rexeiten que as familias non tributen a facenda pola dación en pago

Sánchez Bugallo considera que “o PP se retrata” cando se escuda nas condicións de exención do decreto de 6 de marzo de 2012, que, na práctica só é aplicable en condicións extremas

Para o socialista é “unha babaridade” que alguén que teña que entregar a súa vivenda habitual por non poder pagala teña que tributar 10.000 euros a Facenda

O portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, ven de defender en comisión parlamentaria unha proposición non de lei pola que se instaba á Xunta para que se dirixira ao Goberno do Estado e lle esixa á Axencia Tributaria que deixe de reclamar impostos por ganancia patrimonial ás persoas que optaron pola dación en pago de acordo coas súas entidades financeiras. A proposta socialista recollía tamén a petición de que os expedientes xa iniciados se deixen sen efecto. O Grupo Popular impediu co seu voto que prosperase a iniciativa.

A entrada en vigor da Lei de medidas para reforzar a protección aos debedores hipotecarios multiplicou os casos de dación en pago en Galicia. Bugallo calculou que unhas 700 familias poderían estar afectadas en 2013.

O parlamentario do PSdeG salientou que a Axencia Tributaria está reclamando ás familias galegas que puideron optar pola dación en pago abonen os correspondentes impostos ao considerar que esta operación xerou unha ganancia patrimonial. As cantidades demandadas por Facenda oscilan entre os 10.000 e os 12.000 euros.

A Axencia Tributaria tamén está a esixir na declaración da renda que as familias que recorreran á dación en pago tributen polos beneficios obtidos no IRPF. Tómase como referencia a diferenza entre o prezo de compra e o importe da dación en pago, incluído o pago da débeda, os xuros e os custos de cancelación de hipoteca impagada. Tamén teñen que abonar a taxa de plusvalía municipal.

Os populares apelaron ao decreto de 6 de marzo 2012, como xustificación do rexeitamento da iniciativa socialista, este libera da tributación ás persoas que se atopan en risco de exclusión. Na práctica limita esta exención a un número reducido de casos no que todos os membros da unidade familiar non tiveran ingresos, ou ben que a hipoteca supere o 60% das retribucións das familias, que non poidan ter propiedade inmobiliaria algunha e que estean en risco de exclusión.

En esencia, replicou Sánchez Bugallo, “o decreto ben dicir que a quen lle sexa posibe, que pague, e ao que non haxa nada que embargarlle que pague coa casa”. O portavoz de Vivenda do Grupo Socialista citou os informes de Cáritas e o FMI alertando de que non constataran un crecemento da inxustiza social en España como o de agora, e nunca de xeito tan acelerado como desde que goberna o PP”.

“É unha barbaridade pensar que alguén que se queda sen a súa vivenda habitual dicirlle que a maiores vai ter que pagar 10.000 euros, porque se non pode pagar a casa e a ten que deixar cómo lle vai pagar a Facenda, aí si que se retratan”, acusou o portavoz socialista aos populares.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar