O PSdeG celebra o sábado o Comité Nacional Galego, o primeiro da executiva liderada por José Ramón Gómez Besteiro

O PSdeG celebra o sábado o Comité Nacional Galego, o primeiro da executiva liderada por José Ramón Gómez Besteiro

O PSdeG celebra o sábado o Comité Nacional Galego, o primeiro da executiva liderada por José Ramón Gómez Besteiro

O socialistas definirán as súas liñas de actuación no futuro máis próximo, coa campaña das eleccións europeas como primeiro obxectivo

Os socialistas celebran este sábado en Santiago o seu Comité Nacional Galego, o primeiro da Executiva liderada como secretario xeral por José Ramón Gómez Besteiro.

O Comité, ao que asistirán preto de catrocentas persoas, definirá as liñas de actuación dos socialistas galegos, co obxectivo a curto prazo da campaña para as eleccións europeas do 25 de maio. Ademais dos membros da Executiva, asistirán os deputados do PSdeG no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados, senadores, os cargos socialistas nas Deputacións e nos concellos e membros de todas as corporacións locais.

O primeiro punto da orde do día será a constitución e elección da Mesa do Comité Nacional, ao que seguirá a análise da situación política e as propostas de actuación do partido. No encontro, aprobarase o regulamento interno de funcionamento da Comisión Executiva Nacional Galega (CENG), as contas do ano 2013 e os orzamentos para o exercicio 2014.

A orde do día continuará coa aprobación das aportacións ao Partido dos cargos públicos socialistas e rematará cun turno de rogos e preguntas. O Comité Nacional Galego comezará ás 10:30 horas no Hotel Os Abetos de Santiago e haberá unha intervención do secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, aberta aos medios de comunicación.

O primeiro obxectivo tras o Comité para os socialistas será o traballo na campaña para as europeas de maio. “Galicia xógase moito neses comicios e os socialistas traballaremos para que a voz da nosa comunidade autónoma se escoite na Unión Europea”, asegura Pilar Cancela, secretaria de Organización do PSdeG.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar