O PSdeG bota a andar o comité electoral para as eleccións europeas, con Pilar Cancela ao fronte

O PSdeG bota a andar o comité electoral para as eleccións europeas, con Pilar Cancela ao fronte

O PSdeG bota a andar o comité electoral para as eleccións europeas, con Pilar Cancela ao fronte

A Executiva do PSdeG tratou a venda de NCG, un “fracaso” do goberno de Feijóo, que “incumpriu unha das promesas estrela do seu programa electoral” de manter un banco galego, afirmou a secretaria de Organización

Os socialistas manterán unha xuntanza con responsables de Banesco en Galicia na que solicitarán explicacións e garantías para o emprego e a fluidez de crédito para as familias e empresas de Galicia

A Executiva Nacional do PSdeG botou a andar esta tarde a organización dun Comité Electoral de organización e seguimento de cara ás eleccións europeas que estará encabezado pola secretaria de Organización, Pilar Cancela, e cuxos membros serán elixidos na próxima Executiva, na primeira semana de xaneiro. Os socialistas abordaron asimesmo a venda de NCG, un “fracaso” do goberno de Feijóo, que “incumpriu unha das promesas estrela do seu programa electoral” de manter un banco galego, “ese programa electoral que ultimamente tanto lle preocupa para según que decisións e que incumpre tamén con medidas que van ao peto de todos os galegos”, afirmou Cancela. A secretaria de Organización anunciou que o PSdeG manterá unha xuntanza con responsables de Banesco en Galicia despois de que estes se puxeran en contacto co partido para reunirse co secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro.

Nesta reunión os socialistas solicitarán explicacións de “cal é o seu plan de negocio e o proxecto a poñer en marcha en Galicia” e pedirán garantías de “se é verdade que van respectar o emprego do que falan e que van garantir a fluidez de crédito”. Cancela lamentou “as présas” nesta operación. “Xa non temos ningunha entidade financeira galega, e o goberno debe explicar a que veñen as présas cando o prazo para adoptar esta medida non remataba ata 2017, e por que a diferenza de trato se unha entidade pode chegar a ser rendible” en comparación co trato a Bankia. “O que máis nos interesa é o mantemento de emprego e a fluidez de crédito para as familias e as pequenas e medianas empresas galegas, porque é o único xeito de activar o consumo e de que a nosa economía empece tamén a moverse”. Os socialistas rexistraron xa no Parlamento e no Congreso as peticións de comparecencia urxente de Feijóo e o ministro De Guindos para que dean explicacións da venda e aclaren que vai pasar cos 8.000 millóns de euros de cartos públicos perdidos con esta operación.

En consonancia co comité electoral para as eleccións europeas, o PSdeG porá tamén en marcha plan de dinamización das entidades comarcais e locais, con visitas dos membros da Executiva ás comarcas e agrupacións para falar coa militancia e “poñer en marcha a maquinaria” de cara a estes comicios, explicou Cancela. Asimesmo, reactivaranse mesas de traballo sectoriais a partir de xaneiro para “estar en contacto directo e permanente cos distintos colectivos sociais, trasladarlles o programa de actuación do partido e recabar as demandas da cidadanía”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar