O PSdeG asegura que “a Xunta incumpriu todos os seus compromisos co municipalismo” e demanda máis diálogo cos concellos “tras a nova andaina iniciada o 24 de maio”

O PSdeG asegura que “a Xunta incumpriu todos os seus compromisos co municipalismo” e demanda máis diálogo cos concellos “tras a nova andaina iniciada o 24 de maio”

O PSdeG asegura que “a Xunta incumpriu todos os seus compromisos co municipalismo” e demanda máis diálogo cos concellos “tras a nova andaina iniciada o 24 de maio”

Méndez Romeu Estado Autonomía webOs socialistas galegos denunciaron hoxe no pleno do Parlamento que “a Xunta incumpriu todos os seus compromisos co municipalismo” e demandan máis diálogo cos concellos “tras a nova andaina iniciada cos resultados electorais do 24 de maio”.

Nunha interpelación, o portavoz do PSdeG na Cámara, José Luis Méndez Romeu, lembrou que “a día de hoxe o PP só goberna en seis dos 22 concellos galegos de máis de 20.000 habitantes e en quince dos 57 de más de 10.000”. “O rexeitamento nas urnas á política xeral, económica, social e urbán do PP foi evidente”, manifestou.

“Agora descobren cada semana algo que facer, agora falan de medidas en vivenda social, cando o ano pasado houbo en Galicia 2.500 desafiuzamentos e só en 43 casos as familias afectadas tiveron unha alternativa”, apuntou o portavoz dos socialistas galegos.

“O acoso aos concellos foi constante, retirando moitas competencias e provocando precariedade laboral na prestación dos servizos de benestar cunha lei de réxime local pésima”, dixo Méndez Romeu, que lamentou “iniciativas como a fusión de municipios ou a actitude da Xunta ao non atender as demandas de Vigo”.

“Non foron capaces de integrar transporte urbán e interurbán ou de crear unha alternativa real á incineración”, engadiu o deputado socialista, que demandou “máis diálogo e cooperación nesta nova andaina para solucionar os problemas, deixando atrás o distanciamento e a incomprensión”.

“Non sabemos cal será a postura da Xunta nesta nova lexislatura municipal, sería unha novidade necesaria que o Partido popular adoptase una postura construtiva e de maior colaboración cos grandes concellos e coas zonas rurais”, rematou Méndez Romeu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar