O PSdeG aproba impulsar o reequilibrio territorial en Ourense e Lugo para evitar o avellentamento e rachar coa Galicia de dúas velocidades

O PSdeG aproba impulsar o  reequilibrio territorial en Ourense e Lugo para evitar o avellentamento e rachar coa Galicia de dúas velocidades

O PSdeG aproba impulsar o reequilibrio territorial en Ourense e Lugo para evitar o avellentamento e rachar coa Galicia de dúas velocidades

Pachi Vázquez consideraría un “fracaso de país” que permitíramos a convivencia de dúas galicias, a que tira e a que vai arrastro

A Executiva dos socialistas galegos aprobou unha declaración paro impulso de políticas para fixar poboación, incentivar a natalidade e promover actividades económicas que eviten a desertización destas provincias

O secretario xeral do PSdeG eloxiou o modelo posto en marcha pola Deputación de Lugo, que preside o socialista Gómez Besteiro

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, anunciou a aprobación pola Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE dunha Declaración polo Equilibrio Territorial de Galicia, para acabar así coa Galicía das dúas velocidades que está promovendo Feijoo e que ten os seus principais expoñentes nas provincias de Ourense e Lugo, pero que tamén se aprecia nas zonas máis interiores de Pontevedra e A Coruña.

Galicia só chegou a albiscar un Plan de Equilibrio Territorrial durante a presidencia do socialista, Pérez Touriño, recordou Vázquez quen afirmou que “os socialistas levamos no ADN as políticas de reequilibrio e solidariedade, que temos que poñer enriba da mesa”.

Dispersión poboacional, envellecemento, caída demográfica, minifundio, maiores dificultades para o desempeño dunha actividade económica, son palabras comúns ás provincias de Ourense e Lugo, que, xunto con Zamora completan o triángulo de maior avellentamento poboacional do mundo.

Para Pachi Vázquez, “non pode haber dúas galicias, unha que tira e outra que vai arrastro”. Para o dirixente socialista, “ou conseguimos unha Galicia homoxénea ou estaremos lastrados” para solucionar todas as súas dificultades.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE salientou o modelo que en materia de reequilibrio territorial está a despregar José Ramón Gómez Besteiro, desde a Deputación de Lugo. “Un modelo que vai mais alá do curtopracismo, que vai máis alá de pequenas subvencións para ir tirando”. Ao contrario, como sinala Vázquez, vai “directamente ao cerne da cuestión”.

Se non conseguimos fixar poboación en idade de reproducción, que nazan nenos, “rachando así a maldición demográfica”, se non conseguimos rachar co avellentamento e darlle oportunidades á xente que vive no 80% do territorio, que é o que se corresponde coa Galicia interior, “teremos un fracaso de país”, afirmou Pachi Vázquez.

Por esta razón os socialistas “imos ir a este proxecto de país”, un proxecto que se conforma en torno ao Pacto polo Emprego, a Economía e a Blindaxe das Políticas Sociais e se reforza coa incorporación da declaración polo Equilibrio Territorial presentada en Lugo.

Un proxecto de país que fala “do que pide a xente”, Economía, Emprego, Sanidade, Educación, igualdade de oportunidades... Unha proposta coa que Pachi Vázquez asegura que está a traballar a Executiva socialista co horizonte das próximas eleccións autonómicas: “Non sei serán en catro, seis ou oito meses, pero que en termos electorais iso é pasado mañá”, sentenciou.

O líder dos socialistas galegos amósase convencido de que o PSdeG-PSOE, nesas eleccións “imos ser o partido da esperanza para esa xente que ve que o actual goberno non atende ás súas demandas, e que desaparecen ou escapan cando hai un problema”.

A reunión da Executiva do PSdeG-PSOE en Lugo encádrase no periplo polas catro provincias encetado o mes pasado en Pontevedra e co que a dirección dos socialistas galegos quere achegar á sociedade o seu órgano de decisión política, que tradicionalmente só se reunía na sede central, en Santiago de Compostela.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar