O PSdeG aprema á Xunta a presentar o recurso de casación contra a sentencia do Prestige diante do Supremo

O PSdeG aprema á Xunta a presentar o recurso de casación contra a sentencia do Prestige diante do Supremo

O PSdeG aprema á Xunta a presentar o recurso de casación contra a sentencia do Prestige diante do Supremo

Carmen Gallego di que a Xunta debe tomar a decisión antes do luns polo escaso prazo que hai para presentar o recurso de casación

Os socialistas presentarán unha batería de iniciativas parlamentarias para o control e seguimento das accións da Xunta contra unha sentencia que vai contra Galicia, é socialmente inxusta e que provocou a indignación da sociedade galega

prestigeA parlamentaria socialista, Carmen Gallego, anunciou que o Grupo Socialista vén de apremar á Xunta a presentar, dentro do prazo regulamentario de cinco días á última notificación da sentencia, un recurso de casación ante o Tribunal Supremo contra a sentencia ditada sobre a catástrofe do Prestige.

Os socialistas consideran que, despois do dano ambiental, económico e social infrinxido a Galicia pola catástrofe do Prestige, “nin a cidadanía nin o Goberno poden permanecer impasibles”. Así, é necesario saír a defender a Galicia, e para elo o Goberno debe promover todas as actuacións ó seu alcance para, “cando menos recuperar o dano económico que produciu ás galegas e aos galegos”. O dano ambiental nunca chegou a calcularse, afirma Gallego.

O Grupo Socialista presentará unha batería de iniciativas centradas no seguimento e control do Executivo sobre a presentación deste recursos de casación.

O recuso debe procurar o resarcimento económico, tanto o de particulares como o da propia Xunta, para o que o Goberno galego debería adherirse a algunha das partes acusadoras a fin de superar as limitacións impostas polo FIDAC.

Tamén este recursos debera cando menos buscar a responsabilidade civil e o resarcimento dos arredor de 2.500 M€ que segundo o informe pericial corresponden a Galicia, opinou a deputada socialista. Ao mesmo tempo a Xunta debe procurar a retención do diñeiro depositado (22,7M€) pola entidade aseguradora.

Os socialistas, continuou a parlamentaria, “consideramos que a catástrofe non pode quedar impune”, a sentencia que “vai contra Galicia, é socialmente inxusta e que provocou a indignación da sociedade galega”, dixo.

Gallego afirma que ninguén vai a convencer á sociedade galega da inocencia dos gobernantes que converteron o accidente nunha catástrofe. “Cando menos os que a través do mesmo partido político os herdaron, que defendan a Galicia das consecuencias da catástrofe”, sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar